RT Book,_Whole T1 Mareas A1 Carballo Sánchez, Rodrigo A1 Iglesias Rodríguez, Gregorio A1 Sánchez Carricoba, Marcos AB A presente Unidade Didáctica (en diante UD) encádrase dentro do BloqueTemático I da materia (Procesos Litorais), onde se caracterizan os distintosprocesos que determinan o deseño das distintas actuacións no litoral(Bloque II). Para iso, é preciso coñecer o clima marítimo ao que estaránsometidas. Unha vez definidas as condicións da ondada (UD 2 e 3) resultaimprescindible ademais coñecer as variacións do nivel do mar.O nivel do mar é unha variable de importancia capital na zona litoral.As súas variacións a curto prazo (horas ou días) repercuten sobre todos osprocesos litorais, desprazando vertical e horizontalmente a zona da costaque recibe a enerxía da ondada, e polo tanto constituíndo un elementoesencial en calquera proxecto no ámbito da Enxeñaría de Portos e Costas.Estas oscilacións a curto prazo débense fundamentalmente, e salvo casosexcepcionais, á marea astronómica. Aínda que as forzas causativas quedanexplicadas pola Teoría de Equilibrio desenvolta por Newton, é precisoexpoñer tamén a Teoría Dinámica de Laplace e o concepto de Onda deMarea, co obxecto de que os alumnos comprendan certos aspectosrelevantes como a influencia da xeometría e profundidade dos océanos,mares e estuarios. Do mesmo xeito, explícanse outros conceptos básicos áhora de predicir a marea como é a análise harmónica. Finalmente,introducirase ao alumno a outro tipos de variacións no nivel do mar a curtoprazo, como son as debidas á marea meteorolóxica, así como de longoprazo e que, en ocasións, poden chegar a ter unha incidencia importantesobre as distintas actuacións que o enxeñeiro civil realiza na zona litoral. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-779-3 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33987 UL http://hdl.handle.net/10347/33987 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 4 may 2026