Fundamentos conceptuais e estatísticos da investigación científica. A medida de características psicolóxicas
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía | es_ES |
| dc.contributor.author | Andrade Fernández, Elena | |
| dc.date.accessioned | 2024-05-27T12:35:33Z | |
| dc.date.available | 2024-05-27T12:35:33Z | |
| dc.date.issued | 2008 | |
| dc.description.abstract | A presente unidade didáctica pertence á materia “Métodos, deseño e técnicas de investigación psicolóxica”. Este título é a denominación xenérica que recibe o encargo docente da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Facultade de Psicoloxía. A materia é un complemento de formación para o acceso a Psicopedagoxía dos estudantes que teñen superado ben Maxisterio, ben Educación Social ou o primeiro ciclo de Pedagoxía. Está deseñada para proporcionar ao alumnado unha base sólida e rigorosa sobre a metodoloxía científica, que lle sirva para integrar elementos xa adquiridos e para asimilar os coñecementos novos que configuran o seu currículo. Neste sentido, ofrece unha introdución xeral ao proceso de investigación científica no eido da psicoloxía e incide especialmente na medida de características de interese psicolóxico. Os descritores da materia no plan de estudos son (Orde de 22 de decembro de 1992; BOE de 13 de xaneiro de 1993): medición en psicoloxía; teoría e técnicas de construción de tests, escalas e cuestionarios; e metodoloxías cualitativas. Conta con seis créditos, dos cales 4,5 teñen carácter teórico e 1,5 práctico. E desenvólvese ao longo do primeiro cuadrimestre do curso, con tres horas de clase semanais. O programa elaborouse tendo en conta tanto a súa localización a nivel académico como o coñecemento previo dos/das matriculados/das e o tempo do que se dispón. Está estruturado en cinco unidades didácticas. A primeira comprende un único tema, moi amplo, no que se ensinan nocións conceptuais e estatísticas fundamentais á actividade científica, xunto co tratamento específico do problema da medida. As seguintes suman nove temas, dedicados integramente á teoría e construción de tests. Esta primeira unidade é, polo tanto, introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación ao programa foi recente e veu xustificada pola necesidade de conseguir un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que favorecese non só a adquisición de coñecementos semellantes, senón tamén de unha linguaxe común e incluso dunha mesma actitude positiva cara a materia. A experiencia dos últimos seis cursos académicos amosounos que os/ as estudantes aprecian o feito de dispoñer de material impreso, elaborado ex profeso para cada tema. Como docente, asumín a confección da unidade coa idea de proporcionarlles este tipo de recurso, pero tamén como unha vía para reflexionar sobre os distintos elementos do proceso de ensino-aprendizaxe | es_ES |
| dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística | es_ES |
| dc.identifier.isbn | 978-84-9750-926-8 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/33905 | |
| dc.language.iso | glg | es_ES |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | es_ES |
| dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Métodos, deseño e técnicas de investigación psicolóxica;1 | |
| dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | es_ES |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.title | Fundamentos conceptuais e estatísticos da investigación científica. A medida de características psicolóxicas | es_ES |
| dc.type | book | es_ES |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | db31bfc4-c888-416d-8cc9-2a127e2f0332 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | db31bfc4-c888-416d-8cc9-2a127e2f0332 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- UD-AndradeFernandez-FundamentosInvestigacion.pdf
- Size:
- 275.55 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description:
- Unidade Didáctica Andrade Fernández