Fundamentos conceptuais e estatísticos da investigación científica. A medida de características psicolóxicas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente unidade didáctica pertence á materia “Métodos, deseño e técnicas de investigación psicolóxica”. Este título é a denominación xenérica que recibe o encargo docente da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Facultade de Psicoloxía. A materia é un complemento de formación para o acceso a Psicopedagoxía dos estudantes que teñen superado ben Maxisterio, ben Educación Social ou o primeiro ciclo de Pedagoxía. Está deseñada para proporcionar ao alumnado unha base sólida e rigorosa sobre a metodoloxía científica, que lle sirva para integrar elementos xa adquiridos e para asimilar os coñecementos novos que configuran o seu currículo. Neste sentido, ofrece unha introdución xeral ao proceso de investigación científica no eido da psicoloxía e incide especialmente na medida de características de interese psicolóxico. Os descritores da materia no plan de estudos son (Orde de 22 de decembro de 1992; BOE de 13 de xaneiro de 1993): medición en psicoloxía; teoría e técnicas de construción de tests, escalas e cuestionarios; e metodoloxías cualitativas. Conta con seis créditos, dos cales 4,5 teñen carácter teórico e 1,5 práctico. E desenvólvese ao longo do primeiro cuadrimestre do curso, con tres horas de clase semanais. O programa elaborouse tendo en conta tanto a súa localización a nivel académico como o coñecemento previo dos/das matriculados/das e o tempo do que se dispón. Está estruturado en cinco unidades didácticas. A primeira comprende un único tema, moi amplo, no que se ensinan nocións conceptuais e estatísticas fundamentais á actividade científica, xunto co tratamento específico do problema da medida. As seguintes suman nove temas, dedicados integramente á teoría e construción de tests. Esta primeira unidade é, polo tanto, introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación ao programa foi recente e veu xustificada pola necesidade de conseguir un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que favorecese non só a adquisición de coñecementos semellantes, senón tamén de unha linguaxe común e incluso dunha mesma actitude positiva cara a materia. A experiencia dos últimos seis cursos académicos amosounos que os/ as estudantes aprecian o feito de dispoñer de material impreso, elaborado ex profeso para cada tema. Como docente, asumín a confección da unidade coa idea de proporcionarlles este tipo de recurso, pero tamén como unha vía para reflexionar sobre os distintos elementos do proceso de ensino-aprendizaxe
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







