Entrementres dáme a man (escolma)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Entrementres dáme a man (escolma) (Selección e Traducción: Haizea Barcenilla e Arsenio Iglesias Pazos). Kirmen Uribe (Ondarroa, 1970) Estudou Euskal Filologia na EHU e logo cursou Literatura Comparada en Italia. O seu currículo abarca numerosos campos: En 1990 publicou a colección Le Blist co debuxante Josu Aranbarri, que recollía poemas e cómics realizados entre 1987 e 1990. Compuxo letras para músicos coma Mikel Urdangarin, Piztiak, TTLT, Bide Ertzean ou Sagarroi. Na revista The Balde encárgase da sección de literatura, traducindo textos de escritores árabes, aborixes dos Estados Unidos e do sur de África. Tamén traduciu ao euskara poemas de Raymond Carver, Silvia Plath, Anne Sexton, Manuel Rivas e Wiskawa Szymborska. Canto ao teatro, débeselle o guión da obra Ekidazu. Lehoiek ez dakite bobolina jotzen (Ekidazu. Os leóns non saben tocar o violín) escenificada polo grupo teatral Kukubiltxo. Tamén foi guionista en varios programas televisivos da ETB. Creou o espectáculo cultural Bar Puerto (posteriormente editado en disco) con Mikel Urdangarin e Josu Eizagirre, que xunta poesía, vídeo, música e testemuños de varios personaxes. Ao fío dunha serie de recitais que ofreceu en Nova York, xurdiu o proxecto Zaharragia, txikiegia again (Vello de máis, pequeno de máis se cadra), que foi publicado en formato disco-libro. Escribiu tamén ensaio e gañou dúas veces o premio Becerro de Bengoa, un en 1995 con Jon Elordi polo traballo Lizardi eta erotismoa (Lizardi e o erotismo) e o segundo no 2000 con Zaszpi leiho, zazpi saio (Sete ensaios, sete fiestras). No referente á literatura infantil e xuvenil, ten publicado varios libros sobre as andanzas no oeste americano do pistoleiro Garmendia. Gañou o premio da crítica española no 2002 por Bitartean heldu eskutik (Entrementres, dáme a man), libro do que se extraen os seguintes poemas e cuxa versión en inglés foi presentada recentemente en Canadá e nos Estados Unidos.

Description

Bibliographic citation

Dorna. Expresión poética galega, nº 31. 2006-2007. Servizo de Publicacións e Intercambio Ciéntífico da Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. ISSN 0213-3806. DL C 94-1982. 158 páx. 2007

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights