Dorna. Expresión poética galega
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/15359
Dorna, Expresión Poética Galega é unha revista anual fundada en 1981 e editada dende entón pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase da única publicación miscelánea e periódica de poesía que se publica en Galicia, co obxectivo de ofrecer unha canle editorial aos autores e autoras noveis con arelas no cultivo lírico da lingua galega, aínda que tamén recolle con frecuencia a voz de poetas xa consagrados.
Dorna incorpora sistematicamente tres seccións: Creación, onde se inclúen os poemas orixinais e inéditos dos colaboradores de cada volume—; Voces de Fóra, sección de traducións para lingua galega, que se ofrecen a carón dos poemas na lingua orixinal, de poetas contemporáneos de todas as latitudes; Caderno da crítica, recensións críticas de obras poéticas.
Dorna publícase exclusivamente en galego.
News
Título: Dorna. Expresión poética galega
ISSN: 2340-0099
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Cátedra de Lingüística e Literatura Galega
Materia: Creación literaria
Data de inicio: 1981
Idioma: Galego