Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao este problema global. Non obstante, actualmente non existe ningún estudo que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega. Esta investigación pretende cubrir este vacío centrándose en 25 complexos industriais intensivos enerxeticamente (IIE), os cales emiten cerca do 90% dos gases de efecto invernadoiro de toda a industria manufactureira galega e producen materiais básicos fundamentais para o actual modelo económico e social, como aceiro, aluminio, cemento, celulosa, ladrillos, produtos petrolíferos... A investigación levouse a cabo nas seguintes fases. Primeiramente, realizouse un diagnóstico da estrutura produtiva e as emisións de CO2 destas industrias en base á seguinte información: materiais producidos, niveis de produción, consumo enerxético, procesos produtivos, emisións de CO2, intensidade enerxética e intensidade carbónica. En segundo lugar, levouse a cabo unha extensa revisión de literatura científica recente sobre alternativas tecno-económicas de descarbonización para estes sectores. En terceiro lugar, analizouse o informe do IPCC de 2018 para cuantifica-los niveis de redución de emisións requeridos e identificar aspectos cualitativos que condicionan o rango de tecnoloxías seleccionábeis. Finalmente, formulouse unha estratexia de descarbonización para estas industrias, composta por 13 estratexias sectoriais. Estas estratexias defínense en termos de obxectivos decenais de redución de emisións, transformacións produtivas necesarias nas IIE (cambios nos niveis de produción e nos procesos produtivos) e requerimentos materiais, enerxéticos e tecnolóxicos para implementar ditas transformacións. O horizonte temporal é o ano 2050. Este é o primeiro estudo que senta as bases e establece as directrices para a descarbonización das industrias intensivas enerxeticamente en Galicia, e faino cunha visión de longo prazo e en coherencia co obxectivo climático de 1.5ºC e traxectorias globais de desenvolvemento sostíbel

Description

Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional