Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais | gl |
| dc.contributor.author | Gil Fernández, Juan José | |
| dc.contributor.tutor | Doldán García, Xoán Ramón | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.1338558; north=42.5750554; name=Galicia | |
| dc.date.accessioned | 2021-10-15T09:32:14Z | |
| dc.date.available | 2021-10-15T09:32:14Z | |
| dc.date.issued | 2021 | |
| dc.description | Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación | gl |
| dc.description.abstract | O cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao este problema global. Non obstante, actualmente non existe ningún estudo que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega. Esta investigación pretende cubrir este vacío centrándose en 25 complexos industriais intensivos enerxeticamente (IIE), os cales emiten cerca do 90% dos gases de efecto invernadoiro de toda a industria manufactureira galega e producen materiais básicos fundamentais para o actual modelo económico e social, como aceiro, aluminio, cemento, celulosa, ladrillos, produtos petrolíferos... A investigación levouse a cabo nas seguintes fases. Primeiramente, realizouse un diagnóstico da estrutura produtiva e as emisións de CO2 destas industrias en base á seguinte información: materiais producidos, niveis de produción, consumo enerxético, procesos produtivos, emisións de CO2, intensidade enerxética e intensidade carbónica. En segundo lugar, levouse a cabo unha extensa revisión de literatura científica recente sobre alternativas tecno-económicas de descarbonización para estes sectores. En terceiro lugar, analizouse o informe do IPCC de 2018 para cuantifica-los niveis de redución de emisións requeridos e identificar aspectos cualitativos que condicionan o rango de tecnoloxías seleccionábeis. Finalmente, formulouse unha estratexia de descarbonización para estas industrias, composta por 13 estratexias sectoriais. Estas estratexias defínense en termos de obxectivos decenais de redución de emisións, transformacións produtivas necesarias nas IIE (cambios nos niveis de produción e nos procesos produtivos) e requerimentos materiais, enerxéticos e tecnolóxicos para implementar ditas transformacións. O horizonte temporal é o ano 2050. Este é o primeiro estudo que senta as bases e establece as directrices para a descarbonización das industrias intensivas enerxeticamente en Galicia, e faino cunha visión de longo prazo e en coherencia co obxectivo climático de 1.5ºC e traxectorias globais de desenvolvemento sostíbel | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/27012 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Cambio climático | gl |
| dc.subject | Climate change | gl |
| dc.subject | Descarbonización | gl |
| dc.subject | Decarbonisation | gl |
| dc.subject | Industrias | gl |
| dc.subject | Industries | gl |
| dc.subject | Gases de efecto invernadoiro | gl |
| dc.subject | Gases de efecto invernadero | gl |
| dc.subject | Greenhouse gases | gl |
| dc.subject | Suministro enerxético | gl |
| dc.subject | Suministro energético | gl |
| dc.subject | Energy supply | gl |
| dc.subject | Estratexías tecnoeconómicas | gl |
| dc.subject | Estrategias tecnoeconómicas | gl |
| dc.subject | Technoeconomic strategies | gl |
| dc.subject | Quecemento global | gl |
| dc.subject | Calentamiento global | gl |
| dc.subject | Global warming | gl |
| dc.subject | Galicia | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::53 Ciencias económicas | gl |
| dc.title | Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia | gl |
| dc.type | master thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isTutorOfPublication | 5e476f88-dfc3-4fea-914b-d5c6290c8d09 | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | 5e476f88-dfc3-4fea-914b-d5c6290c8d09 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2021_tfm_Gil_mitigación.pdf
- Size:
- 3.05 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: