RT Generic T1 Mitigación do cambio climático sen tecnoloxías de emisións negativas: propostas de descarbonización de industrias enerxeticamente intensivas en Galicia A1 Gil Fernández, Juan José K1 Cambio climático K1 Climate change K1 Descarbonización K1 Decarbonisation K1 Industrias K1 Industries K1 Gases de efecto invernadoiro K1 Gases de efecto invernadero K1 Greenhouse gases K1 Suministro enerxético K1 Suministro energético K1 Energy supply K1 Estratexías tecnoeconómicas K1 Estrategias tecnoeconómicas K1 Technoeconomic strategies K1 Quecemento global K1 Calentamiento global K1 Global warming K1 Galicia AB O cambio climático é unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas que enfronta a humanidade actualmente. Galicia e, en especial a industria galega, ten o seu papel na contribución ao este problema global. Non obstante, actualmente non existe ningún estudo que estableza de modo exhaustivo unhas directrices a longo prazo para descarboniza-la industria galega. Esta investigación pretende cubrir este vacío centrándose en 25 complexos industriais intensivos enerxeticamente (IIE), os cales emiten cerca do 90% dos gases de efecto invernadoiro de toda a industria manufactureira galega e producen materiais básicos fundamentais para o actual modelo económico e social, como aceiro, aluminio, cemento, celulosa, ladrillos, produtos petrolíferos...A investigación levouse a cabo nas seguintes fases. Primeiramente, realizouse un diagnóstico da estrutura produtiva e as emisións de CO2 destas industrias en base á seguinte información: materiais producidos, niveis de produción, consumo enerxético, procesos produtivos, emisións de CO2, intensidade enerxética e intensidade carbónica. En segundo lugar, levouse a cabo unha extensa revisión de literatura científica recente sobre alternativas tecno-económicas de descarbonización para estes sectores. En terceiro lugar, analizouse o informe do IPCC de 2018 para cuantifica-los niveis de redución de emisións requeridos e identificar aspectos cualitativos que condicionan o rango de tecnoloxías seleccionábeis. Finalmente, formulouse unha estratexia de descarbonización para estas industrias, composta por 13 estratexias sectoriais. Estas estratexias defínense en termos de obxectivos decenais de redución de emisións, transformacións produtivas necesarias nas IIE (cambios nos niveis de produción e nos procesos produtivos) e requerimentos materiais, enerxéticos e tecnolóxicos para implementar ditas transformacións. O horizonte temporal é o ano 2050.Este é o primeiro estudo que senta as bases e establece as directrices para a descarbonización das industrias intensivas enerxeticamente en Galicia, e faino cunha visión de longo prazo e en coherencia co obxectivo climático de 1.5ºC e traxectorias globais de desenvolvemento sostíbel YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27012 UL http://hdl.handle.net/10347/27012 LA glg NO Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación DS Minerva RD 22 abr 2026