Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA)
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación | |
| dc.contributor.author | Baña Castro, Manoel | |
| dc.contributor.author | Fiel Paz, Rosa | |
| dc.contributor.author | Núñez Pintos, Esther | |
| dc.contributor.author | García García, Isabel | |
| dc.date.accessioned | 2026-03-11T11:33:25Z | |
| dc.date.available | 2026-03-11T11:33:25Z | |
| dc.date.issued | 2023-07-01 | |
| dc.description.abstract | O informe Warnock (1976) sinalaba a imposibilidade de dúas modalidades separadas de educación e a súa coexistencia nun sistema de educación inclusiva. Existen dúas barreiras estruturais para a realización do dereito á educación de persoas con TEA que inciden negativamente sobre a dispoñibilidade, accesibilidade, aceptabilidade e adaptabilidade da educación para este grupo de persoas. Estas barreiras son a visión estereotipada e a discriminación que se ten cara ás persoas con TEA e a escaseza de recursos destinados á educación inclusiva. O Informe da ONU sobre a situación da educación inclusiva en España de 2017 sinala que as políticas públicas dirixidas á poboación con TEA están baseadas en dúas ideas erróneas: “a primeira, asumir a discapacidade como un fenómeno homoxéneo, descoñecendo o seu número de realizacións que pode alcanzar un ser humano con discapacidade se a administración educativa lle asegura os medios axeitados; a segunda, a idea da discapacidade como sinónimo de incapacidade, motivo polo cal ás persoas con TEA, no mellor dos casos, trátaselles como suxeitos de caridade, suxeitos pasivos que non teñen a mínima posibilidade de incidir no desenvolvemento das súas propias vidas e menos, na construción da sociedade na que habitan. Tamén abundan os estereotipos que asumen ás persoas con TEA como seres perigosos, persoas inertes, afectividade e emocións pertencentes a mundos distantes e completamente diferentes”. Tal como segue o Informe mencionado, “é de especial importancia reenfocar a política de atención á poboación con TEA, partindo por recoñecer que este grupo poboacional non é vulnerable, de maneira fundamental, por atoparse en sí mesmo en situación de discapacidade; a súa vulnerabilidade é produto máis da súa interrelación co medio e a sociedade na que habita e na que aspira a realizarse como ser humano tal e como tamén o defenden as grandes organizacións de especialistas no campo da discapacidade intelectual como a APA, a OMS, a AAIDD... | |
| dc.identifier.citation | Baña, M. (2023). Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA). En: XVII Congreso internacional gallego-portugués de psicopedagogía, IV Congreso de la ACIP. Universidade da Coruña | |
| dc.identifier.doi | 10.17979/spudc.000026 | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/46316 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.publisher | Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións | |
| dc.relation.ispartofseries | Cursos_congresos_simposios ; CSS-158 | |
| dc.rights | ©2023, Os autores e as autoras | |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Trastorno do Espectro do Autismo | |
| dc.subject | barreiras para a inclusión | |
| dc.subject | calidade de vida e atención educativa | |
| dc.subject.classification | 61 Psicología | |
| dc.title | Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) | |
| dc.type | book part | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 5ba791c2-cf70-4564-9db5-ed0672021dd7 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 5ba791c2-cf70-4564-9db5-ed0672021dd7 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2023_actaspsicopedagogia_bana_identificando.pdf
- Size:
- 405.7 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format