Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA)
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións
Abstract
O informe Warnock (1976) sinalaba a imposibilidade de dúas modalidades separadas de educación e a súa coexistencia nun sistema de educación inclusiva. Existen dúas barreiras estruturais para a realización do dereito á educación de persoas con TEA que inciden negativamente sobre a dispoñibilidade, accesibilidade, aceptabilidade e adaptabilidade da educación para este grupo de persoas. Estas barreiras son a visión estereotipada e a discriminación que se ten cara ás persoas con TEA e a escaseza de recursos destinados á educación inclusiva. O Informe da ONU sobre a situación da educación inclusiva en España de 2017 sinala que as políticas públicas dirixidas á poboación con TEA están baseadas en dúas ideas erróneas: “a primeira, asumir a discapacidade como un fenómeno homoxéneo, descoñecendo o seu número de realizacións que pode alcanzar un ser humano con discapacidade se a administración educativa lle asegura os medios axeitados; a segunda, a idea da discapacidade como sinónimo de incapacidade, motivo polo cal ás persoas con TEA, no mellor dos casos, trátaselles como suxeitos de caridade, suxeitos pasivos que non teñen a mínima posibilidade de incidir no desenvolvemento das súas propias vidas e menos, na construción da sociedade na que habitan. Tamén abundan os estereotipos que asumen ás persoas con TEA como seres perigosos, persoas inertes, afectividade e emocións pertencentes a mundos distantes e completamente diferentes”. Tal como segue o Informe mencionado, “é de especial importancia reenfocar a política de atención á poboación con TEA, partindo por recoñecer que este grupo poboacional non é vulnerable, de maneira fundamental, por atoparse en sí mesmo en situación de discapacidade; a súa vulnerabilidade é produto máis da súa interrelación co medio e a sociedade na que habita e na que aspira a realizarse como ser humano tal e como tamén o defenden as grandes organizacións de especialistas no campo da discapacidade intelectual como a APA, a OMS, a AAIDD...
Description
Bibliographic citation
Baña, M. (2023). Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA). En: XVII Congreso internacional gallego-portugués de psicopedagogía, IV Congreso de la ACIP. Universidade da Coruña
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
©2023, Os autores e as autoras







