Problemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelato

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Ao final da etapa postobrigatoria da Educación Secundaria supónselle ao alumnado galego un elevado dominio da expresión escrita en lingua galega: para superar esta fase necesitan, en principio, coñecer o código e mais os procesos de composición textual. Non obstante, como é natural, os escritos destes aprendentes presentan unha serie de problemas que convén identificar e analizar para sermos máis eficientes á hora de atallalos desde as aulas ao longo do proceso de aprendizaxe. O obxectivo do traballo é analizar algúns dos problemas de tipo discursivo que presentan estes textos e achegar unha proposta de clasificación dos mesmos. A tal efecto, partirase do marco teórico da gramática textual. Esta disciplina estuda o texto como unha unidade comunicativa; isto é, unha unidade superior ao enunciado que consta de oracións que se interrelacionan entre si e que é percibida por emisor e receptor como unha unidade semántica autónoma. O diálogo entre as compoñentes formais, as pragmáticas e as semánticas do texto é o que consegue que a unidade textual sexa entendida como un todo articulado. Se estes factores se relacionan do xeito adecuado cúmprensen as propiedades de coherencia, de cohesión, de informatividade, de intencionalidade...Entón, hai textualidade. Problemas relacionados con estas propiedades son aos que se lles dedicará atención na análise da mostra de escritos de alumnos que finalizan a secundaria. Ao abeiro deste marco teórico, será proposta unha clasificación dos problemas discursivos que se poden atopar nos escritos. A mostra que se vai analizar estará composta por unha serie de textos argumentativos tirados das probas ABAU, concretamente da proba de lingua e literatura galega do curso 2016-2017. Os textos que se empregarán son algúns dos que se están utilizando para conformar o corpus CORTEGAL, elaborado no Instituto da Lingua Galega. Unha vez descrita a mostra e obtida a clasificación coa que se vai traballar, pasarase a presentar e analizar os resultados obtidos, e así extraer as conclusións pertinentes. O traballo desenvolverase tendo presente en todo momento o obxectivo de auxiliar aos aprendentes no proceso de construción de unidades textuais en lingua galega e aos docentes no labor de ensinar os mecanismos deste proceso construtivo

Description

Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2019-2020

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights