Problemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelato

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxíagl
dc.contributor.authorGómez Gallego, Ana
dc.contributor.tutorÁlvarez de la Granja, María
dc.date.accessioned2020-12-23T08:22:27Z
dc.date.available2020-12-23T08:22:27Z
dc.date.issued2020-06
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2019-2020gl
dc.description.abstractAo final da etapa postobrigatoria da Educación Secundaria supónselle ao alumnado galego un elevado dominio da expresión escrita en lingua galega: para superar esta fase necesitan, en principio, coñecer o código e mais os procesos de composición textual. Non obstante, como é natural, os escritos destes aprendentes presentan unha serie de problemas que convén identificar e analizar para sermos máis eficientes á hora de atallalos desde as aulas ao longo do proceso de aprendizaxe. O obxectivo do traballo é analizar algúns dos problemas de tipo discursivo que presentan estes textos e achegar unha proposta de clasificación dos mesmos. A tal efecto, partirase do marco teórico da gramática textual. Esta disciplina estuda o texto como unha unidade comunicativa; isto é, unha unidade superior ao enunciado que consta de oracións que se interrelacionan entre si e que é percibida por emisor e receptor como unha unidade semántica autónoma. O diálogo entre as compoñentes formais, as pragmáticas e as semánticas do texto é o que consegue que a unidade textual sexa entendida como un todo articulado. Se estes factores se relacionan do xeito adecuado cúmprensen as propiedades de coherencia, de cohesión, de informatividade, de intencionalidade...Entón, hai textualidade. Problemas relacionados con estas propiedades son aos que se lles dedicará atención na análise da mostra de escritos de alumnos que finalizan a secundaria. Ao abeiro deste marco teórico, será proposta unha clasificación dos problemas discursivos que se poden atopar nos escritos. A mostra que se vai analizar estará composta por unha serie de textos argumentativos tirados das probas ABAU, concretamente da proba de lingua e literatura galega do curso 2016-2017. Os textos que se empregarán son algúns dos que se están utilizando para conformar o corpus CORTEGAL, elaborado no Instituto da Lingua Galega. Unha vez descrita a mostra e obtida a clasificación coa que se vai traballar, pasarase a presentar e analizar os resultados obtidos, e así extraer as conclusións pertinentes. O traballo desenvolverase tendo presente en todo momento o obxectivo de auxiliar aos aprendentes no proceso de construción de unidades textuais en lingua galega e aos docentes no labor de ensinar os mecanismos deste proceso construtivogl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/24087
dc.language.isoglggl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.subjectGalego escritogl
dc.subjectAnálise do discursogl
dc.subjectTextualidadegl
dc.subjectAlumnos de secundariagl
dc.subjectCorpus ORTEGALgl
dc.subjectEnsino do galegogl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570512 Estilística (estilo y retórica)gl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570111 Enseñanza de lenguasgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570104 Lingüística informatizadagl
dc.titleProblemas discursivos nos textos escritos en galego por alumnado de segundo de bacharelatogl
dc.typebachelor thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6
relation.isTutorOfPublication4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
GLLG_TFG 19-20_Gómez Gallego, Ana.pdf
Size:
2.88 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: