A violencia contra a muller

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-15876-45-8

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta unidade didáctica denominada “Violencia contra a muller”, está incluída no bloque de “Clínica forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina legal propiamente dita). O segundo ocúpase da regulación xurídica da práctica médica (Dereito médico). Ambos aspectos están incluídos no programa da materia. A Medicina legal pódese considerar integrada polas seguintes especialidades: a Patoloxía e a Clínica forenses, ambas fundamentadas exclusivamente en coñecementos de natureza médica, a Xenética e a Toxicoloxía forenses. Como indicamos máis arriba, esta unidade didáctica está localizada na parte de Clínica forense, que se ocupa da pericia médica sobre a persoa viva, pero cando as vítimas morren, como consecuencia da violencia que sofren, son obxecto de estudo da Patoloxía forense, que se ocupa da pericia sobre o cadáver. Dentro das competencias dos profesionais da Medicina están as de recoñecer, diagnosticar, valorar e orientar o manexo do dano físico e mental, ademais de ser capaz de redactar documentos médico-legais. A isto hai que engadir que, segundo o noso ordenamento xurídico, calquera médico pode ser chamado a actuar como perito nas causas penais. Por conseguinte, é importante que o futuro médico adquira os coñecementos precisos sobre os obxectivos e procedementos da pericia médica sobre a persoa viva, e a súa obriga de comunicar á autoridade xudicial a atención prestada a unha persoa con lesións. Estes coñecementos, referidos as mulleres maltratadas, trátanse nesta unidade didáctica. Con eles, o futuro médico poderá intervir adecuadamente nos casos que se lle poidan presentar na súa práctica profesional.

Description

Titulación: Grao en Medicina -- Materia: Medicina Legal

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)