RT Book,_Whole T1 A violencia contra a muller A1 Rodríguez Calvo, María Sol K1 Vítimas K1 Víctimas K1 Agresores K1 Epidemioloxía K1 Epidemiología K1 Etiopatoxenia K1 Etiopatogenia K1 Lesións agudas K1 Lesiones agudas K1 Enfermedades crónicas K1 Maltrato á muller K1 Maltrato a la mujer K1 Parte de lesións K1 Parte de lesiones K1 Violencia estrutural K1 Violencia estructural K1 Violencia instrumental K1 Medicina Legal K1 Grao en Medicina AB Esta unidade didáctica denominada “Violencia contra a muller”, está incluída no bloque de “Clínica forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina legal propiamente dita). O segundo ocúpase da regulación xurídica da práctica médica (Dereito médico). Ambos aspectos están incluídos no programa da materia.A Medicina legal pódese considerar integrada polas seguintes especialidades: a Patoloxía e a Clínica forenses, ambas fundamentadas exclusivamente en coñecementos de natureza médica, a Xenética e a Toxicoloxía forenses. Como indicamos máis arriba, esta unidade didáctica está localizada na parte de Clínica forense, que se ocupa da pericia médica sobre a persoa viva, pero cando as vítimas morren, como consecuencia da violencia que sofren, son obxecto de estudo da Patoloxía forense, que se ocupa da pericia sobre o cadáver.Dentro das competencias dos profesionais da Medicina están as de recoñecer, diagnosticar, valorar e orientar o manexo do dano físico e mental, ademais de ser capaz de redactar documentos médico-legais. A isto hai que engadir que, segundo o noso ordenamento xurídico, calquera médico pode ser chamado a actuar como perito nas causas penais. Por conseguinte, é importante que o futuro médico adquira os coñecementos precisos sobre os obxectivos e procedementos da pericia médica sobre a persoa viva, e a súa obriga de comunicar á autoridade xudicial a atención prestada a unha persoa con lesións. Estes coñecementos, referidos as mulleres maltratadas, trátanse nesta unidade didáctica. Con eles, o futuro médico poderá intervir adecuadamente nos casos que se lle poidan presentar na súa práctica profesional. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-45-8 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10376 UL http://hdl.handle.net/10347/10376 LA glg NO Titulación: Grao en Medicina -- Materia: Medicina Legal NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 25 abr 2026