O Espazo Europeo de Educación Superior: a razón instrumental dunha universidade ó servizo da empresa
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O Espazo Europeo de Educación Superior está concibido e planificado desde fóra da Academia, polos poderes económicos e polos poderes políticos. No punto de mira desta reforma están dúas dimensións básicas da universidade: a transmisión do saber e a creación do coñecemento. A reforma referida á transmisión do saber materialízase na remodelación dos estudos co propósito de que a formación universitaria se adapte ó mercado. En canto á creación do coñecemento, a reforma aspira a establecer as condicións que obriguen ás universidades a converterse en “fábricas do coñecemento”, poñendo a investigación ó servizo das necesidades empresariais. Sería inxenuo esperar que este novo escenario non comporte ningunha consecuencia perniciosa para unha institución social á que se quere transformar nunha organización ó modo empresarial.





