RT Journal Article T1 O Espazo Europeo de Educación Superior: a razón instrumental dunha universidade ó servizo da empresa A1 Pardo Pérez, Juan Carlos A1 García Tobío, Alfonso K1 Espazo Europeo de Educación Superior K1 Neoliberalismo K1 Privatización K1 Mercantilización K1 The European Higher Education Area K1 Corporatization of the university K1 Teaching K1 Investigation AB O Espazo Europeo de Educación Superior está concibido e planificado desde fóra da Academia, polos poderes económicos e polos poderes políticos. No punto de mira desta reforma están dúas dimensións básicas da universidade: a transmisión do saber e a creación do coñecemento. A reforma referida á transmisión do saber materialízase na remodelación dos estudos co propósito de que a formación universitaria se adapte ó mercado. En canto á creación do coñecemento, a reforma aspira a establecer as condicións que obriguen ás universidades a converterse en “fábricas do coñecemento”, poñendo a investigación ó servizo das necesidades empresariais. Sería inxenuo esperar que este novo escenario non comporte ningunha consecuencia perniciosa para unha institución social á que se quere transformar nunha organización ó modo empresarial. SN 1130-8656 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/4438 UL http://hdl.handle.net/10347/4438 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026