Análise a longo prazo da ondada
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presente Unidade Didáctica, Análise a longo prazo da ondada, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñería Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño
das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a xeomorfoloxía e a dinámica costeira. Finalmente, no Módulo III (Actuacións no
litoral) abórdanse as diferentes tecnoloxías propias da enxeñaría de costas e portos.
A ondada é un dos axentes climáticos máis significativos e complexos á hora de deseñar calquera actuación na costa. Para abordar o tema con suficiente grao de detalle, dedícanselle varias Unidades Didácticas na materia de Portos e Costas. Ó longo da Unidade Didáctica I defínese o seu mecanismo de xeración.
Posteriormente, ó longo das Unidades II e III defínense os mecanismos físicos que interveñen na súa transformación e propagación cara a costa. Finalmente, nas Unidades IV e V trátanse as principais técnicas de análise que axudan á súa descrición e caracterización, necesarias para determinar as accións de cálculo nun proxecto de enxeñería de costas e portos.
Unha vez definidas na unidade anterior as técnicas que determinan as características da ondada a curto prazo, esta Unidade dedícase ás técnicas de análise a longo prazo da ondada. Os contidos que aquí se desenvolven son necesarios para que o alumnado poida definir e/ou interpretar os
réximes medio e extremo das ondas nunha localización determinada. Ó mesmo tempo, o alumnado adquirirá o coñecemento necesario para a resolución de dous problemas de enxeñería típicos: a estimación da operatividade portuaria e a estimación da ondada de proxecto dunha obra marítima.
Description
Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Portos e Costas
Keywords
Réxime medio de altura de onda| Régimen medio escalar de altura de ola| Réxime extremo de altura de onda| Régimen extremal de altura de ola| Ondada| Oleaje| Rosas de ondada| Rosas de oleaje| Frecuencia de ocorrencia| Frecuencia de ocurrencia| Distribución de Weibull triparamétrica| Método POT| Portos e Costas| Grao en Enxeñaría Civil
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







