RT Book,_Whole T1 Análise a longo prazo da ondada A1 López Gallego, Mario A1 Veigas Méndez, José Miguel A1 Carballo Sánchez, Rodrigo K1 Réxime medio de altura de onda K1 Régimen medio escalar de altura de ola K1 Réxime extremo de altura de onda K1 Régimen extremal de altura de ola K1 Ondada K1 Oleaje K1 Rosas de ondada K1 Rosas de oleaje K1 Frecuencia de ocorrencia K1 Frecuencia de ocurrencia K1 Distribución de Weibull triparamétrica K1 Método POT K1 Portos e Costas K1 Grao en Enxeñaría Civil AB A presente Unidade Didáctica, Análise a longo prazo da ondada, encádrase dentro do Módulo I (Clima Marítimo) da materia de Portos e Costas do Grao de Enxeñería Civil. Neste primeiro módulo trátase a caracterización dos axentes climáticos que condicionan os procesos litorais e o deseño das actuacións no litoral, estes son: o vento, as ondas e as mareas. Seguidamente, no Módulo II (Procesos litorais) expóñense os principais procesos naturais que teñen lugar na costa e que determinan a xeomorfoloxía e a dinámica costeira. Finalmente, no Módulo III (Actuacións no litoral) abórdanse as diferentes tecnoloxías propias da enxeñaría de costas e portos.A ondada é un dos axentes climáticos máis significativos e complexos á hora de deseñar calquera actuación na costa. Para abordar o tema con suficiente grao de detalle, dedícanselle varias Unidades Didácticas na materia de Portos e Costas. Ó longo da Unidade Didáctica I defínese o seu mecanismo de xeración.Posteriormente, ó longo das Unidades II e III defínense os mecanismos físicos que interveñen na súa transformación e propagación cara a costa. Finalmente, nas Unidades IV e V trátanse as principais técnicas de análise que axudan á súa descrición e caracterización, necesarias para determinar as accións de cálculo nun proxecto de enxeñería de costas e portos.Unha vez definidas na unidade anterior as técnicas que determinan as características da ondada a curto prazo, esta Unidade dedícase ás técnicas de análise a longo prazo da ondada. Os contidos que aquí se desenvolven son necesarios para que o alumnado poida definir e/ou interpretar os réximes medio e extremo das ondas nunha localización determinada. Ó mesmo tempo, o alumnado adquirirá o coñecemento necesario para a resolución de dous problemas de enxeñería típicos: a estimación da operatividade portuaria e a estimación da ondada de proxecto dunha obra marítima. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-44-1 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10159 UL http://hdl.handle.net/10347/10159 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Portos e Costas NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026