Deseño do carrozado dun camión para loxística de iogurt
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxectivo deste proxecto é a realización do deseño dun furgón isotermo-frigorífico homologado nun camión DAF LF 180. A empresa solicitante do carrozado decidiu aumentar a súa flota de vehículos debido a un aumento do reparto e destinará devandito camión ao transporte de iogur, por iso é necesaria a existencia dun equipo de frío.
O furgón deberase illar optimizando a perda de frío, aumentando o rendemento no aforro enerxético e considerando aspectos económicos en función dos materiais a empregar, equipo de frío e outros elementos da caixa isoterma-frigorífica. Os fabricantes de iogures recomendan que o transporte e conservación deben realizarse entre 1 e 8 °C, así na realización do deseño e cálculos empregarase como temperatura 4 °C. Para cumprir con estes requisitos realizásense os cálculos oportunos cun illante URSA CTG-300 de 12 cm de espesor sendo o equipo de frío seleccionado un ZANOTTI SFZ 238.
Ademais, o furgón deberá constar dunha resistencia estrutural óptima. Por unha banda, está o sobrechasis que será necesario realizar para elevar o furgón e evitar así a colisión deste co paso de roda, será fabricado en perfil normalizado UPN 120; por outra banda, destaca a resistencia estrutural que debe presentar o furgón en si, que depende de reforzos interiores que se incorporen entre paneis, sistemas de ancoraxe, illante empregado…
A caixa isoterma-frigorífica será construída modularmente en diversas pezas que posteriormente se ensamblarán entre si grazas a perfís en L obtendo con estes un bo acabado estético.
Tamén se realizará unha instalación eléctrica interior que ten por obxectivo facilitar a carga e descarga, e unha instalación exterior que deberá cumprir coa normativa ao exceder os 2,1 m de ancho.
Description
Traballo Fin de Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. Curso 2020-2021
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







