RT Generic T1 Deseño do carrozado dun camión para loxística de iogurt A1 Vilela Torrón, Daniel K1 Carrozado K1 Camión isotermo-frigorífico K1 Sobrechasis K1 Homologación de vehículos K1 Iogur AB O obxectivo deste proxecto é a realización do deseño dun furgón isotermo-frigorífico homologado nun camión DAF LF 180. A empresa solicitante do carrozado decidiu aumentar a súa flota de vehículos debido a un aumento do reparto e destinará devandito camión ao transporte de iogur, por iso é necesaria a existencia dun equipo de frío. O furgón deberase illar optimizando a perda de frío, aumentando o rendemento no aforro enerxético e considerando aspectos económicos en función dos materiais a empregar, equipo de frío e outros elementos da caixa isoterma-frigorífica. Os fabricantes de iogures recomendan que o transporte e conservación deben realizarse entre 1 e 8 °C, así na realización do deseño e cálculos empregarase como temperatura 4 °C. Para cumprir con estes requisitos realizásense os cálculos oportunos cun illante URSA CTG-300 de 12 cm de espesor sendo o equipo de frío seleccionado un ZANOTTI SFZ 238. Ademais, o furgón deberá constar dunha resistencia estrutural óptima. Por unha banda, está o sobrechasis que será necesario realizar para elevar o furgón e evitar así a colisión deste co paso de roda, será fabricado en perfil normalizado UPN 120; por outra banda, destaca a resistencia estrutural que debe presentar o furgón en si, que depende de reforzos interiores que se incorporen entre paneis, sistemas de ancoraxe, illante empregado… A caixa isoterma-frigorífica será construída modularmente en diversas pezas que posteriormente se ensamblarán entre si grazas a perfís en L obtendo con estes un bo acabado estético. Tamén se realizará unha instalación eléctrica interior que ten por obxectivo facilitar a carga e descarga, e unha instalación exterior que deberá cumprir coa normativa ao exceder os 2,1 m de ancho. YR 2021 FD 2021-06 LK http://hdl.handle.net/10347/30072 UL http://hdl.handle.net/10347/30072 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 8 jun 2026