Voz cantada e colectivos vulnerables
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
DEFINICIÓN DO PROBLEMA: Exponse como problema de investigación se a mellora
da baixa autoestima que presentan os grupos vulnerables está asociada ou relacionada cos
beneficios que o traballo da voz cantada aporta a nivel persoal e grupal no ámbito social,
educativo e cognitivo, e se polo tanto serve como axuda nos procesos de integración e
inclusión social.
OBXECTIVO XERAL: Comprobar se a baixa autoestima que presentan en xeral os
colectivos vulnerables se ve favorecida a través de actividades de canto individual e
colectivo.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
• Deseñar e implementar un programa de formación baseado en actividades a través
da voz cantada para favorecer a mellora da autoestima con colectivos vulnerables.
• Favorecer os procesos de participación e inclusión a través da voz cantada.
PROCEDEMENTO E FASES DE INVESTIGACIÓN: En primeiro lugar escollerase un
colectivo vulnerable, como por exemplo: persoas maiores, refuxiados, inmigrantes,
mozos/as en risco social, persoas con discapacidade intelectual, poboación reclusa,
drogodependentes, mulleres que recibiron abusos ou persoas sen fogar. Decidido o
colectivo vulnerable co que traballar e localizada a mostra participante, a través dun
protocolo medidor da autoestima, aplicarase á mostra para poder rexistrar os niveis de
autoestima do grupo de xeito individual que presentan nun primeiro momento.
Escollerase un/ha participante de cara a realizar un estudo de caso completo. Despois
deseñarase e validarase un programa de formación vocal e canto inédito a través dun
xuízo de expertos/as. Unha vez validado, implementarase coa mostra seleccionada e
rexistraranse os audios e vídeos da práctica das actividades de cara ás análises para o
estudo de caso e o estudo grupal dos procesos. Unha vez rematado o programa volverase
a medir o nivel de autoestima do grupo-clase, e comprobarase se as diferenzas son
significativas entre a primeira medición e a segunda, e se polo tanto a formación no
ámbito do canto inflúe ou non na mellora da autoestima dos/as participantes e de que
xeito. A metodoloxía a seguir será preferentemente cualitativa-interpretativa, axustada á
fundamentación teórica dos construtos a traballar. Non obstante, a cuantificación tamén
estará presente, pois precisarase para medir a autoestima a través dos protocolos. Os datos
cuantitativos analizaranse co paquete estatístico que mellor se adapte, e os cualitativos a
través de cadros de categorización para posteriormente ser analizados. Detallados os
datos, procederase á elaboración do informe final. Contémplase a posibilidade de repetir
esta experiencia cun colectivo vulnerable similar ao escollido pero no estranxeiro, a
través dunha estancia de investigación.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Casal de la Fuente, Lucía (2014). Voz cantada e colectivos vulnerables. En AAVV, A Investigación Predoutoral na USC: Novos camiños. I Encontro Mocidade Investigadora: Libro de Resumos. 13-15 decembro 2012 (p. 78). Santiago de Compostela: EDI, USC. ISBN-13: 978-84-15876-84-7. Dispoñible en: http://goo.gl/Bg65Da
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
http://goo.gl/Bg65DaSponsors
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España








