RT Book,_Section T1 Voz cantada e colectivos vulnerables T2 Singing voice and vulnerable groups A1 Casal de la Fuente, Lucía K1 Singing K1 Vulnerable groups K1 Canto K1 Grupos vulnerables AB DEFINICIÓN DO PROBLEMA: Exponse como problema de investigación se a mellorada baixa autoestima que presentan os grupos vulnerables está asociada ou relacionada cosbeneficios que o traballo da voz cantada aporta a nivel persoal e grupal no ámbito social,educativo e cognitivo, e se polo tanto serve como axuda nos procesos de integración einclusión social.OBXECTIVO XERAL: Comprobar se a baixa autoestima que presentan en xeral oscolectivos vulnerables se ve favorecida a través de actividades de canto individual ecolectivo.OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:• Deseñar e implementar un programa de formación baseado en actividades a travésda voz cantada para favorecer a mellora da autoestima con colectivos vulnerables.• Favorecer os procesos de participación e inclusión a través da voz cantada.PROCEDEMENTO E FASES DE INVESTIGACIÓN: En primeiro lugar escollerase uncolectivo vulnerable, como por exemplo: persoas maiores, refuxiados, inmigrantes,mozos/as en risco social, persoas con discapacidade intelectual, poboación reclusa,drogodependentes, mulleres que recibiron abusos ou persoas sen fogar. Decidido ocolectivo vulnerable co que traballar e localizada a mostra participante, a través dunprotocolo medidor da autoestima, aplicarase á mostra para poder rexistrar os niveis deautoestima do grupo de xeito individual que presentan nun primeiro momento.Escollerase un/ha participante de cara a realizar un estudo de caso completo. Despoisdeseñarase e validarase un programa de formación vocal e canto inédito a través dunxuízo de expertos/as. Unha vez validado, implementarase coa mostra seleccionada erexistraranse os audios e vídeos da práctica das actividades de cara ás análises para oestudo de caso e o estudo grupal dos procesos. Unha vez rematado o programa volverasea medir o nivel de autoestima do grupo-clase, e comprobarase se as diferenzas sonsignificativas entre a primeira medición e a segunda, e se polo tanto a formación noámbito do canto inflúe ou non na mellora da autoestima dos/as participantes e de quexeito. A metodoloxía a seguir será preferentemente cualitativa-interpretativa, axustada áfundamentación teórica dos construtos a traballar. Non obstante, a cuantificación taménestará presente, pois precisarase para medir a autoestima a través dos protocolos. Os datoscuantitativos analizaranse co paquete estatístico que mellor se adapte, e os cualitativos através de cadros de categorización para posteriormente ser analizados. Detallados osdatos, procederase á elaboración do informe final. Contémplase a posibilidade de repetiresta experiencia cun colectivo vulnerable similar ao escollido pero no estranxeiro, através dunha estancia de investigación. PB Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-84-7 YR 2014 FD 2014 LK http://hdl.handle.net/10347/15651 UL http://hdl.handle.net/10347/15651 LA glg NO Casal de la Fuente, Lucía (2014). Voz cantada e colectivos vulnerables. En AAVV, A Investigación Predoutoral na USC: Novos camiños. I Encontro Mocidade Investigadora: Libro de Resumos. 13-15 decembro 2012 (p. 78). Santiago de Compostela: EDI, USC. ISBN-13: 978-84-15876-84-7. Dispoñible en: http://goo.gl/Bg65Da DS Minerva RD 27 abr 2026