Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
As actitudes puristas están presentes en moitos dos estudos sobre lingua galega, por estaren moitos deles relacionados coa planificación do corpus. En traballos recentes foron utilizados conceptos como “autenticidade” e “calidade da lingua”, pero estas nocións non foron definidas nin xustificadas. Neste traballo defenderei que “autenticidade” e “calidade da lingua” non son conceptos lingüísticos, senón que se basean en actitudes sociolóxicas e ideolóxicas.Non obstante, pode defenderse que as actitudes puristas son lexítimas na elaboración da lingua estándar e na construción de novas variedades funcionais, aínda que se fai necesario definir e discutir as súas fontes de lexitimidade. Neste traballo propoño que o purismo no galego actual debe basearse en actitudes e ideas amplamente compartidas na comunidade de falantes, tales como a necesidade de manter o galego estándar claramente diferenciado do español, así como a conveniencia de achega-lo ao portugués sempre que non vaia en detrimento das características propias do galego. Con eses criterios, a actuación dos lingüistas terá incidencia nos usos lingüísticos públicos se se orienta á elaboración de modelos e recursos lingüísticos para diferentes ámbitos de comunicación pública, mentres que os seus efectos serán limitados, e mesmo negativos, se se limitan a criticar certos usos lingüísticos.
Description
Bibliographic citation
REGUEIRA, Xosé Luís: «Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual», Estudos de Lingüística Galega, vol. 4 (2012). ISSN 1889-2566, pp. 187-201








