RT Journal Article T1 Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual A1 Regueira Fernández, Xosé Luís K1 Purismo K1 Autenticidade K1 calidade da lingua K1 Actitudes lingüísticas K1 Ideoloxía lingüística K1 Planificación lingüística AB As actitudes puristas están presentes en moitos dos estudos sobre lingua galega, por estaren moitos deles relacionados coa planificación do corpus. En traballos recentes foron utilizados conceptos como “autenticidade” e “calidade da lingua”, pero estas nocións non foron definidas nin xustificadas. Neste traballo defenderei que “autenticidade” e “calidade da lingua” non son conceptos lingüísticos, senón que se basean en actitudes sociolóxicas e ideolóxicas.Non obstante, pode defenderse que as actitudes puristas son lexítimas na elaboración da lingua estándar e na construción de novas variedades funcionais, aínda que se fai necesario definir e discutir as súas fontes de lexitimidade. Neste traballo propoño que o purismo no galego actual debe basearse en actitudes e ideas amplamente compartidas na comunidade de falantes, tales como a necesidade de manter o galego estándar claramente diferenciado do español, así como a conveniencia de achega-lo ao portugués sempre que non vaia en detrimento das características propias do galego. Con eses criterios, a actuación dos lingüistas terá incidencia nos usos lingüísticos públicos se se orienta á elaboración de modelos e recursos lingüísticos para diferentes ámbitos de comunicación pública, mentres que os seus efectos serán limitados, e mesmo negativos, se se limitan a criticar certos usos lingüísticos. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 1889-2566 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/6139 UL http://hdl.handle.net/10347/6139 LA glg NO REGUEIRA, Xosé Luís: «Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual», Estudos de Lingüística Galega, vol. 4 (2012). ISSN 1889-2566, pp. 187-201 DS Minerva RD 7 jun 2026