EL/004-Vol 4 (2012)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/6064
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 20 of 20
Item type: Item , Boix-Fuster, Emili / Rosa M. Torrens Guerrini (eds.) (2011): Les llengües al sofà. El plurilingüisme familiar als països de llengua catalana. Lleida: Pagès, 283 pp.(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Valls, EsteveItem type: Item , Cardoso, Suzana Alice (2010): Geolinguística: tradição e modernidade. São Paulo: Parábola Editorial, 208 pp.(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Sousa Fernández, XulioItem type: Item , « O’Rourke, Bernardette (2011): Galician and Irish in the European Context: Attitudes towards Weak and Strong Minority Languages. Hampshire & New York: Palgrave Macmillan. 185 pp. ISBN: 978-0-230-57403-8(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Rei-Doval, GabrielItem type: Item , Sánchez Palomino, Mª Dolores (ed.) (2010): Lexicografía galega e portuguesa.A Coruña: Universidade daCoruña, 231 pp. (anexos Revista deLexicografía, 13(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Hoepner, LutzItem type: Item , Viaro, Mário Eduardo (2011): Etimologia. São Paulo: Editora Contexto,331 pp.(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Amarante de Mendonça Cohen, Maria AntonietaItem type: Item , Bassetto, Bruno Fregni (2010): Elementos de Filologia Românica: História Interna das Línguas Românicas, v. 2. São Paulo: Editora da Universidadede São Paulo, 456 pp.(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Bizzocchi, AldoItem type: Item , Benavente Jareño, Pedro / Xesús Ferro Ruibal (2010): O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 1637 pp. + CD-ROM(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Álvarez Pérez, Xosé AfonsoItem type: Item , Andrés Díaz, Ramón D´(2011): Lengua, ciencia y fronteras. Uviéu: Trabe. Anexos de Revista de filoloxía asturiana II. 347 pp. + CD-ROM(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Alonso Núñez, Aquilino SantiagoItem type: Item , Bibliografía 2010(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Álvarez Blanco, RosarioItem type: Item , Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Regueira Fernández, Xosé LuísAs actitudes puristas están presentes en moitos dos estudos sobre lingua galega, por estaren moitos deles relacionados coa planificación do corpus. En traballos recentes foron utilizados conceptos como “autenticidade” e “calidade da lingua”, pero estas nocións non foron definidas nin xustificadas. Neste traballo defenderei que “autenticidade” e “calidade da lingua” non son conceptos lingüísticos, senón que se basean en actitudes sociolóxicas e ideolóxicas.Non obstante, pode defenderse que as actitudes puristas son lexítimas na elaboración da lingua estándar e na construción de novas variedades funcionais, aínda que se fai necesario definir e discutir as súas fontes de lexitimidade. Neste traballo propoño que o purismo no galego actual debe basearse en actitudes e ideas amplamente compartidas na comunidade de falantes, tales como a necesidade de manter o galego estándar claramente diferenciado do español, así como a conveniencia de achega-lo ao portugués sempre que non vaia en detrimento das características propias do galego. Con eses criterios, a actuación dos lingüistas terá incidencia nos usos lingüísticos públicos se se orienta á elaboración de modelos e recursos lingüísticos para diferentes ámbitos de comunicación pública, mentres que os seus efectos serán limitados, e mesmo negativos, se se limitan a criticar certos usos lingüísticos.Item type: Item , A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Navaza, GonzaloO artigo trata do uso dos grafemas e para o fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ en topónimos e apelidos galegos. Sostén que ese uso nos séculos xix e xx non é, como ás veces se cre, continuación da tradición medieval, por más que nalgúns casos coincida con ela, senón o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815. Para demostralo compara as formas escritas dos nomes de parroquias nunha fonte previa a esas reformas, o Catastro del Marqués de la Ensenada (1752-1754), e unha posterior, o Dicciona-rio de Pascual Madoz (1845-1850).Item type: Item , A gheada na onomástica (achegas á estandarización)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Boullón Agrelo, Ana IsabelA estandarización da onomástica ten características específicas con respecto ó léxico común. Unha das dificultades vén derivada das formas opacas cando existen dúas pronuncias distintas. Isto é o que ocorre con algúns topónimos e apelidos grafados con ou + e, i nos antigos nomenclátores ou nos rexistros: poden interpretarse como formas pronunciadas con gheada, ou ben como castelanizacións doutras que tiñan orixinariamente /∫/. O caso de Reguengo é exemplificador: aparecía nos nomenclátores como *Regenjo e así (e con máis variantes gráficas) pasou ó corpus dos apelidos; houbo unha proposta de estandarización como *Rexenxo, ata que se ditaminou a forma oficial actual. Para poder dilucidar cal é a variante adecuada, cómpre unha indagación específica para cada caso. En ocasións cumprirá unha pescuda etimolóxica que inclúa a historia da palabra e as grafías existentes na Idade Media, e noutros será decisiva a información ofrecida pola actual extensión xeográfica das formas. Neste traballo analízanse algunhas destas formas problemáticas e faranse as propostas respectivas para o estándar.Item type: Item , Galicia-Argentina y cómo gestionar la diversidad lingüística: las lenguas en las leyes sobre los servicios de comunicación audiovisual(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Vázquez Villanueva, GracianaEl objetivo del presente trabajo es analizar la función otorgada a la(s) lengua(s) en dos leyes sobre servicios audiovisuales: la Ley de Servicios de Comunicación Audiovisual 26552 sancionada el 10/10/2009 por el Congreso nacional en Argentina y la Ley 9/2011, del 9/11/2011, de los Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia. Realizamos una indagación glotopolitica a partir del contraste entre ambas leyes no sólo porque exponen distintas maneras de intervención del estado, sino porque otorgan a las lenguas una ubicación de privilegio (la ley argentina) o de reducción (la ley gallega) como consecuencia de la incidencia del proceso neoliberal. Nos detenemos en ciertos problemas que articulan fuertemente lo político y lo lingüístico en la medida en que la producción audiovisual en lengua propia se presenta como núcleo promotor de un imaginario socio-cultural, como espacio para la normalización de una lengua y como factor de cohesión social e identidad. Estudiamos, además, el discurso intelectual gallego que formula una clara resistencia a esta planificación estatal.Item type: Item , O infinitivo (conxugado) galego e portugués e as súas correspondencias en español(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Vázquez Diéguez, IgnacioOfrécese nestas páxinas un estudo comparativo entre o galego, o portugués e o español sobre o uso do infinitivo. Galego e portugués posúen unha variante conxugada deste tempo, inexistente en español, e será tratada con particular atención. A base do estudo será a diacronía que marca, en gran medida, o uso actual. A subordinación é o campo de acción do infinitivo conxugado e cada caso particular será exemplificado con pasaxes extraídas de diferentes corpus on-line consolidados. Verase o uso canónico esperable en galego e portugués e as variantes reais de tales usos, así como as solucións (traducións convenientes) do español perante o infinitivo flexionado. Aínda que a intención primeira é dar apoio aos estudantes, a pescuda pretende afastarse da sistematización clásica dada ao infinitivo conxugado nas gramáticas e quere propor principios funcionais –as estruturas sintácticas– (e non só estilísticos) no emprego dese tempo verbal.Item type: Item , A representación gráfica da nasalidade vocálica e do trazo palatal no galego antigo e o seu tratamento editorial(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Pichel Gotérrez, RicardoA resonancia nasal vocálica e o punto de articulación palatal constitúen dous riscos escriptolingüísticos amalgamados e confrontados na súa representación gráfica, o cal dá lugar a interpretacións e (de)codificacións ambiguas ou conflitivas por parte do lector e editor dun texto medieval. A lineta ou trazo supralinear, ademais de ser o sinal abreviativo por antonomasia (de aí a súa común denominación como trazo xeral de abreviación), tamén se conforma como unha subunidade grafemática de carácter diacrítico, representativa dos trazos articulatorios antes citados (vogal nasal e consoante nasal palatal) e con capacidade de distinguir grafías simples (ex. , ) de complexas (exs. <ã>, <ñ>). Convén achegarse a esta circunstancia desde unha perspectiva crítica, puntualizando cuestións de índole grafemática, fonética e ecdótica, cun duplo obxectivo: por un lado, avaliar a rendibilidade fonográfica do trazo superior e a súa adecuación á evolución interna do galego en época medieval; por outro, precisar ou, de ser o caso, adaptar os tradicionais criterios editoriais aplicados na presentación crítica dunha obra medieval tendo en conta a análise do usus scribendi detectado no texto.Item type: Item , Estudo motivacional das denominacións galegas de “hijo menor” no ALPI(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Mouzo Villar, RosaO obxectivo do presente traballo é realizar un estudo motivacional das formas galegas que aparecen recollidas no Atlas Lingüístico da Península Ibérica para a pregunta hijo menor. A nosa análise consiste en clasificar e estudar as diferentes formas rexistradas, segundo a motivación que provoca a elección duns determinados nomes que van ligados a un novo referente. Para acadar este obxectivo, seguindo o esquema presentado por Alinei (2002), foi necesario realizar pesquisas etimolóxicas e tamén semánticas, que nos facilitaron o coñecemento da motivación de cada denominación e que nos permitiron establecer as agrupacións. Non sempre foi unha tarefa doada dado que, na maioría dos casos, a motivación non é transparente, xa que aínda que está presente na conciencia dun falante cando a crea, esa conciencia pode chegar a perderse co paso do tempo.Item type: Item , A diferenciação da língua portuguesa no Brasil e o contato entre línguas(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Lucchesi, DanteHoje a grande maioria dos falantes da língua portuguesa não se encontra no território onde esse idioma se formou, mas no Brasil, a grande colônia de Portugal até o ínicio do século XIX. Ao se espealhar pelo mundo, o português entrou em contato massivo com centenas de outras línguas, chegando a gerar nesse processo uma parcela significativa das línguas crioulas hoje conhecidas no mundo. Na coloni-zação do Brasil, houve contextos favoráveis à crioulização, mas inexistem registros históricos de variedades crioulizadas do português no Brasil. Isso não significa que o contato entre línguas não esteja na base da notável diferenciação da língua portuguesa no Brasil frente a sua congênere de Portugal. Partindo da polarização sociolinguística que ca-racteriza atualmente a realidade linguística do Brasil, este artigo busca explicar a formação das variedades populares do português brasileiro através do conceito de transmissão linguística irregular de tipo leve. O contato do português com as línguas indígenas e africanas no Brasil não foi suficiente para gerar línguas crioulas, mas foi suficiente para produzir um amplo processo de erosão morfológica na variedade da língua portuguesa adotada por índio-descendentes e afro-descendentes. Essa explicação da formação das variedades do português brasileiro baseada nos con-textos sócio-históricos do contato entre línguas refuta a tradicional explicação imanentista, que se apóia na visão de tendências internas ao sistema linguístico. Resultados de análises sociolinguísticas de aspectos da morfossintaxe do português brasileiro são apresentados para fundamentar empiricamente as hipóteses formuladas a partir dessa perspectiva teórica.Item type: Item , Modelos matemáticos e substitución lingüística(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Kabatek, JohannesEste artigo consiste nunha resención crítica dunha serie de tra-ballos recentes que procuran modelar, baseándose en cálculos matemáticos, o contacto lingüístico e posibles escenarios de desprazamento lingüístico (language shift), é dicir, o paso do uso dunha lingua a outra, ou de morte de linguas (language death). Presentaremos os modelos de Abrams/Strogatz 2003, de Mira e Paredes 2005 e de Mira/Seoane/Nieto 2011, de Minett/Wang 2007 e de Castelló (2010) e Castelló et alii (2012), con referencia a diferentes situacións de contacto (incluíndo referencias ao contacto galego-castelán). Os modelos e os algoritmos dos que parten son presentados e criticados, diferenciando os graos de sofisticación e adecuación dos diferentes traballos. Identificaranse varios problemas sobre todo nos traballos de Abrams e Strogatz e de Mira e Paredes: problemas de datos, problemas de saltos argumentativos e problemas de simplificacións. Aínda así, e sobre todo con referencia aos modelos máis sofisticados, proponse continuar cunha “espiral heurística” entre modeladores e sociolingüistas para chegar a modelos máis adecuados e a unha comprensión mellor dos mecanismos que actúan no contacto lingüístico.Item type: Item , Identificação e classificação de entidades mencionadas em galego(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) García González, Marcos; Gayo, Iria; González López, Isaac; Universidade de Santiago de Compostela. Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Lingua e Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística XeralA identificação e a classificação semântica automáti-cas de entidades mencionadas são tarefas de especial relevância para variadas aplicações do processamento da língua natural, tais como a tradução automática, a extracção de informação ou os sistemas de resposta a perguntas. O presente artigo descreve a adaptação e implementação de diversas ferramentas de código aberto para a identificação e classificação dos seguin-tes tipos de entidades em galego: (i) datas, (ii) nume-rais, (iii) quantidades e (iv) nomes próprios. A análise dos três primeiros tipos de entidades realiza-se com o software FreeLing através de máquinas de estados finitos. Para a identificação de nomes próprios com-param-se duas estratégias: (i) a utilização de máquinas de estados finitos e (ii) métodos de aprendizagem automática. Finalmente, a classificação semântica dos nomes próprios é realizada com um sistema baseado em regras e recursos obtidos automaticamente. O artigo mostra um conjunto de avaliações para cada um dos módulos apresentados, disponibilizados com licenças livres.Item type: Item , ”Yo no soy más que un artista”. El ethos discursivo de Castelao en su Defensa do idioma galego (1931)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012) Adur Nobile, Lucas MartínEl discurso que en defensa del idioma gallego pronunció Alfonso Castelao durante el debate parlamentario previo a la redacción de la Constitución de la II República en 1931 constituye una magistral pieza oratoria y ha sido objeto de numerosos análisis (cfr. especialmente Monteagudo 2000a, 2000b). En este trabajo nos proponemos indagar, desde la perspectiva del análisis del discurso, el ethos oratorio sobre el que Castelao sostiene su alocución. Siguiendo la propuesta de Dominique Maingueneau, consideraremos la imagen de sí que construye como resultado de la interacción entre distintos elementos, tanto prediscursivos (rol social y pertenencia institucional del locutor) como discursivos (léxico, sintaxis, alusiones directas o indirectas a la propia enunciación). Mostraremos que, como el mismo Castelao explicita, el ethos que emerge de su discurso no es el de un político ni un técnico sino el de un artista. Consecuentemente, la escenografía, es decir, la escena de habla que el discurso presupone para poder ser enunciado(Maingueneau 2005), se aparta de la esperable en un debate parlamentario hacia una más adecuada a la imagen que el orador propone de sí mismo. Por último, nos detendremos brevemente en otro rasgo central del ethos de Castelao: su carácter de representante del pueblo gallego.