RT Book,_Whole T1 Perfís metabólicos de órganos e tecidos A1 Villamarín Cid, José Antonio AB Esta unidade didáctica denominada «Perfís metabólicos de órganos etecidos» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», quepertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e seimparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos aestudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos debioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria.Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º cursodo Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula.Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxuntode células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar oproceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tiposcelulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos confuncións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seumetabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todasas células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un«perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que oorganismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecennos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados enfunción do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc.Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesosmetabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunhacélula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobremetabolismo adquiridos na materia «Bioquímica». PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-878-3 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/33995 UL http://hdl.handle.net/10347/33995 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026