¿Por qué os solos arxilosos se encharcan no inverno e presentan fendas no verán? Modelos implícitos no discurso da aula
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)
Abstract
Neste traballo analízanse 45 minutos do discurso dos estudiantes e do profesor durante a posta en práctica dunha unidade didáctica de Ciencias do solo, programada para alumnos de 3º de ESO e enmarcada dentro do curriculo da área Ciencias da Natureza. Trátase de interpretar e valorar os diferentes modelos implícitos que os alumnos utilizan para explicar as diferencias na capacidade de retención dos solos areosos e dos arxilosos e a aparición de fendas de retracción nos segundos. O punto de partida desta unidade consisteu na presentación dun problema de ordenación do territorio, que para resolvelo necesítase información relativa ás propiedades do solo que se consigueu mediante o desenvolvemento da unidade didáctica.
Os 45 minutos obxecto deste estudio, corresponden á grabación de audio y vídeo dun equipo de traballo durante unha sesión de clase. O material transcrito foi analizado utilizando esquemas inspirados en Hogan et al. (2000) e en Toulmin (1958). Nesta sesión de clase analizada os alumnos teñen que buscar explicacións ós feitos de que os solos areosos sequen durante o verán e os arxilosos se encharquen no inverno e presente fendas no verán. Da análise da argumentación deste equipo extraéronse os modelos implícitos utilizados polos seus compoñentes nas súas explicacións e valóranse no relativo á coherencia e á capacidade explicativa.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 14, Nº. 48 (NOVEMBRO), 2001 (Exemplar dedicado a: XIV CONGRESO ENCIGA), páxs. 187-192
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
http://www.enciga.org/files/boletins/48/boletin48_31.pdfSponsors
Rights
Copyright © 2001 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)








