RT Journal Article T1 ¿Por qué os solos arxilosos se encharcan no inverno e presentan fendas no verán? Modelos implícitos no discurso da aula A1 Sóñora Luna, Francisco A1 García-Rodeja Gayoso, Isabel AB Neste traballo analízanse 45 minutos do discurso dos estudiantes e do profesor durante a posta en práctica dunha unidade didáctica de Ciencias do solo, programada para alumnos de 3º de ESO e enmarcada dentro do curriculo da área Ciencias da Natureza. Trátase de interpretar e valorar os diferentes modelos implícitos que os alumnos utilizan para explicar as diferencias na capacidade de retención dos solos areosos e dos arxilosos e a aparición de fendas de retracción nos segundos. O punto de partida desta unidade consisteu na presentación dun problema de ordenación do territorio, que para resolvelo necesítase información relativa ás propiedades do solo que se consigueu mediante o desenvolvemento da unidade didáctica.Os 45 minutos obxecto deste estudio, corresponden á grabación de audio y vídeo dun equipo de traballo durante unha sesión de clase. O material transcrito foi analizado utilizando esquemas inspirados en Hogan et al. (2000) e en Toulmin (1958). Nesta sesión de clase analizada os alumnos teñen que buscar explicacións ós feitos de que os solos areosos sequen durante o verán e os arxilosos se encharquen no inverno e presente fendas no verán. Da análise da argumentación deste equipo extraéronse os modelos implícitos utilizados polos seus compoñentes nas súas explicacións e valóranse no relativo á coherencia e á capacidade explicativa. PB Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) SN 0214-7807 YR 2001 FD 2001 LK http://hdl.handle.net/10347/20766 UL http://hdl.handle.net/10347/20766 LA glg NO Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 14, Nº. 48 (NOVEMBRO), 2001 (Exemplar dedicado a: XIV CONGRESO ENCIGA), páxs. 187-192 DS Minerva RD 24 abr 2026