Plantas Invasoras

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-127-2

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

As invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta. A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto territorios que ata o momento evolucionaran illados durante miles de anos. Non obstante, na actualidade asistimos a unha multiplicación exponencial destes procesos e das súas consecuencias ambientais. As melloras nos medios de comunicación e transporte, a globalización das actividades económicas e do comercio dotou ás especies invasoras de vectores de transporte e introdución dunha eficiencia descoñecida ata tempos recentes. Así, a problemática das invasións biolóxicas, da súa prevención, xestión e control está a cobrar unha maior importancia e ten sido introducida en moitas materias de plans de estudos con competencias en materia de xestión do territorio e do medio. Neste contexto e dentro dunha materia cunha longa tradición en plans de estudos de carreiras do campo das ciencias da vida e das enxeñarías agrarias como é a malherboloxía, formúlase a introdución dunha unidade didáctica dedicada por completo a esta temática. O coñecemento científico, a prevención, xestión e control de especies invasoras presenta importantes vínculos con outros aspectos que sen van tratar dentro da materia de malherboloxía, non só no que respecta a afinidades nas estratexias e métodos de xestión e control; senón tamén tendo en conta as afinidades e, en ocasións, a coincidencia no comportamento dun vexetal como invasor e mala herba.

Description

Titulación: Grao en Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría -- Materia: Malherboloxía

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2009. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)