RT Book,_Whole T1 Plantas Invasoras A1 Díaz Varela, Ramón Alberto K1 Invasión biolóxica K1 Invasión biológica K1 Comportamento invasor K1 Comportamiento invasor K1 Espazo biótico K1 Espacio biótico K1 Plantas non nativas K1 Plantas no nativas K1 Nichos ecolóxicos K1 Nichos ecológicos K1 Grao en Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría K1 Malherboloxía AB As invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta.A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto territorios que ata o momento evolucionaran illados durante miles de anos.Non obstante, na actualidade asistimos a unha multiplicación exponencial destes procesos e das súas consecuencias ambientais. As melloras nos medios de comunicación e transporte, a globalización das actividades económicas e do comercio dotou ás especies invasoras de vectores de transporte e introdución dunha eficiencia descoñecida ata tempos recentes. Así, a problemática das invasións biolóxicas, da súa prevención, xestión e control está a cobrar unha maior importancia e ten sido introducida en moitas materias de plans de estudos con competencias en materia de xestión do territorio e do medio.Neste contexto e dentro dunha materia cunha longa tradición en plans de estudos de carreiras do campo das ciencias da vida e dasenxeñarías agrarias como é a malherboloxía, formúlase a introdución dunha unidade didáctica dedicada por completo a esta temática. O coñecemento científico, a prevención, xestión e control de especies invasoras presenta importantes vínculos con outros aspectos que sen van tratar dentro da materia de malherboloxía, non só no que respecta a afinidades nas estratexias e métodos de xestión e control; senón tamén tendo en conta as afinidades e, en ocasións, a coincidencia no comportamento dun vexetal como invasor e mala herba. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-127-2 YR 2009 FD 2009 LK http://hdl.handle.net/10347/9901 UL http://hdl.handle.net/10347/9901 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría -- Materia: Malherboloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026