Aparato dixestivo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo organismo. O estudo deste aparato é moi importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso coñecer para poder deseñar adecuadamente novas formas de dosificación adecuadas á vía oral. Entre estes inconvenientes cabe subliñar o efecto do primeiro paso hepático que pode facer perder grande parte do medicamento administrado antes de que este alcance a circulación central. A explicación a este fenómeno, que
radica na drenaxe venosa do intestino, estudarémola no seminario que complementa as dúas clases expositivas que constitúen esta unidade temática. Durante as clases expositivas expoñerase a morfoloxía e estrutura macroscópica do aparato dixestivo. Para isto describiranse as principais estruturas, cunha dobre aproximación, integrando morfoloxía e función e asentando as bases para materias de cursos superiores tales como Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía, Farmacoloxía e Biofarmacia e Farmacocinética.
Ao rematar a unidade didáctica o estudantado será capaz de:
Coñecer e comprender a morfoloxía, estrutura e os aspectos funcionais do aparato dixestivo como base para materias de cursos superiores do tipo de Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Farmacoloxía.
Numerar e describir os compoñentes do aparato dixestivo.
Coñecer e aplicar as implicacións que a circulación portal terá na administración de fármacos.
Coñecer e manexar a terminoloxía anatómica con precisión como base da comunicación
interprofesional en ciencias da saúde.
Manexar bibliografía e ferramentas adecuadas para buscar información necesaria para preparar a materia.
Description
Titulación: Grao en Farmacia -- Materia: Anatomía, Histoloxía e Citoloxía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







