RT Book,_Whole T1 Aparato dixestivo A1 Rodríguez Pérez, Ana Isabel K1 Esplacnoloxía K1 Esplacnología K1 Padal K1 Paladar K1 Úvula K1 Farinxe K1 Faringe K1 Abdome K1 Abdomen K1 Peritoneo K1 Epiplóns ou Omentos K1 Epiplones u Omentos K1 Duodeno K1 Innervación K1 Inervación K1 Circulación portal hepática K1 Anatomía, Histoloxía e Citoloxía K1 Grao en Farmacia AB O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo organismo. O estudo deste aparato é moi importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso coñecer para poder deseñar adecuadamente novas formas de dosificación adecuadas á vía oral. Entre estes inconvenientes cabe subliñar o efecto do primeiro paso hepático que pode facer perder grande parte do medicamento administrado antes de que este alcance a circulación central. A explicación a este fenómeno, que radica na drenaxe venosa do intestino, estudarémola no seminario que complementa as dúas clases expositivas que constitúen esta unidade temática. Durante as clases expositivas expoñerase a morfoloxía e estrutura macroscópica do aparato dixestivo. Para isto describiranse as principais estruturas, cunha dobre aproximación, integrando morfoloxía e función e asentando as bases para materias de cursos superiores tales como Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía, Farmacoloxía e Biofarmacia e Farmacocinética.Ao rematar a unidade didáctica o estudantado será capaz de:Coñecer e comprender a morfoloxía, estrutura e os aspectos funcionais do aparato dixestivo como base para materias de cursos superiores do tipo de Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Farmacoloxía.Numerar e describir os compoñentes do aparato dixestivo.Coñecer e aplicar as implicacións que a circulación portal terá na administración de fármacos.Coñecer e manexar a terminoloxía anatómica con precisión como base da comunicación interprofesional en ciencias da saúde.Manexar bibliografía e ferramentas adecuadas para buscar información necesaria para preparar a materia. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-494-5 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10493 UL http://hdl.handle.net/10347/10493 LA glg NO Titulación: Grao en Farmacia -- Materia: Anatomía, Histoloxía e Citoloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026