Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
As plantas son seres vivos cunhas particularidades morfolóxicas e biolóxicas polas que se inclúen no Reino Plantas. Forman parte da nosa vida cotiá (alimentos, bebidas, menciñas, materias primas como a madeira, papel, combustíbeis fósiles, entre outros), resultando indispensábeis para a vida animal e humana en particular.
Son a principal fonte de fotosíntese na Terra (outros seres vivos fotosintetizadores como as algas, xunto coas bacterias fotosintetizadoras, o son en medios acuáticos), sustentando a vida xa que producen case todo o oxíxeno, achegan a enerxía nas cadeas tróficas e os compostos da construción da vida. As características morfolóxicas e reprodutivas das plantas reflicten unha progresiva mellora no proceso de adaptación e colonización do medio terrestre. Os brións atópanse entre as primeiras plantas que evolucionaron a partir de antepasados relacionados coas algas verdes. A grande maioría das plantas son plantas vasculares, que evolucionaron case no mesmo momento que os brións.
Entre as plantas vasculares, os fentos non presentan sementes, e as ximnospermas e anxiospermas si. A maioría das plantas actuais posúen flores e sementes protexidas en froitos. Na Unidade Didáctica Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas preténdese amosar as bases do progreso evolutivo e diversidade das mesmas, con especial referencia ás de interese veterinario. A Unidade Didáctica desenvolverase en 3 horas de clases teóricas, 4,5 horas de prácticas, e media hora de titorías.
Description
Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Ciencias Fundamentais
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







