RT Book,_Whole T1 Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas A1 Díaz Vizcaíno, Elvira K1 Ciencias Fundamentais K1 Grao en Veterinaria AB As plantas son seres vivos cunhas particularidades morfolóxicas e biolóxicas polas que se inclúen no Reino Plantas. Forman parte da nosa vida cotiá (alimentos, bebidas, menciñas, materias primas como a madeira, papel, combustíbeis fósiles, entre outros), resultando indispensábeis para a vida animal e humana en particular. Son a principal fonte de fotosíntese na Terra (outros seres vivos fotosintetizadores como as algas, xunto coas bacterias fotosintetizadoras, o son en medios acuáticos), sustentando a vida xa que producen case todo o oxíxeno, achegan a enerxía nas cadeas tróficas e os compostos da construción da vida. As características morfolóxicas e reprodutivas das plantas reflicten unha progresiva mellora no proceso de adaptación e colonización do medio terrestre. Os brións atópanse entre as primeiras plantas que evolucionaron a partir de antepasados relacionados coas algas verdes. A grande maioría das plantas son plantas vasculares, que evolucionaron case no mesmo momento que os brións.Entre as plantas vasculares, os fentos non presentan sementes, e as ximnospermas e anxiospermas si. A maioría das plantas actuais posúen flores e sementes protexidas en froitos. Na Unidade Didáctica Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas preténdese amosar as bases do progreso evolutivo e diversidade das mesmas, con especial referencia ás de interese veterinario. A Unidade Didáctica desenvolverase en 3 horas de clases teóricas, 4,5 horas de prácticas, e media hora de titorías. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-742-7 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/23116 UL http://hdl.handle.net/10347/23116 LA glg NO Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Ciencias Fundamentais NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026