Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-453-5413-1

Publication date

Advisors

Tutors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Política Lingüística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e militares refuxiados en Francia. Tras o fin da Guerra Civil o 1 de abril, moitas das iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas refuxiadas iniciándose unha carreira contra reloxo para lograr sacar de Francia ao maior número posible de galegos ante a ameaza das repatriacións e das deportacións forzosas a España e dunha guerra mundial que se albiscaba no horizonte. Neste proceso de xestión da saída cara ao exilio dos refuxiados galegos mobilizáronse as redes existentes e puxéronse ao servizo dun novo labor patriótico, republicano e humanitario. En Bos Aires, Rodolfo Prada asumiu o labor de enlace cos galeguistas que gozaban de liberdade de movementos en Francia e residían en París: o seu vello amigo Ramiro Isla Couto (RIC) e Florencio Delgado Gurriarán (FDG), secretario de propaganda do Partido Galeguista (PG8. En marzo de 1939, RIC e FDG recibiron a encomenda desde Bos Aires de constituír unha comisión en París canda a Germán Vidal, ex-alcalde de Noia, militante de Izquierda Republicana (IR) e vicesecretario de Solidariedade Galega Antifascista (SGA). Daquela, RIC e FDG xa tiñan experiencia na xestión de redes de fuxida desde Porto, desde a fronteira francesa e desde a retagarda das liñas inimigas. De feito, malia a inferioridade numérica en militantes e a debilidade política e institucional do PG na España leal, os galeguistas amosaron eficacia na xestión das súas redes de prestixio e influenza mobilizando o apoio das redes de axuda, as capacidades e experiencia adquiridas durante a guerra e os tecidos de relacións persoais e políticas con galegos con cargos de responsabilidade na administración republicana pola súa común orixe galega ou pertenza á SGA

Description

Bibliographic citation

Pastoriza Rozas, Xosé L. «Salvar o pelello e gañar a vida no exilio : Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939». Luis Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo (Coords.).Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, 2022, pp. 213-231

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

© 2022 Dos textos: As autoras e os autores. Este traballo está baixo unha licenza CC-BY-NC-ND