RT Book,_Section T1 Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939 A1 Pastoriza Rozas, Xosé Luís A2 Alonso Girgado, Luis A2 Cochón, Luís A2 Requeixo, Armando K1 Florencio Delgado Gurriarán K1 Ramiro Illa Couto K1 Exilio K1 Guerra Civil K1 Galeguismo K1 Sociedades Hispanas Confederadas K1 Rodolfo Prada AB A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e militares refuxiados en Francia. Tras o fin da Guerra Civil o 1 de abril, moitas das iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas refuxiadas iniciándose unha carreira contra reloxo para lograr sacar de Francia ao maior número posible de galegos ante a ameaza das repatriacións e das deportacións forzosas a España e dunha guerra mundial que se albiscaba no horizonte. Neste proceso de xestión da saída cara ao exilio dos refuxiados galegos mobilizáronse as redes existentes e puxéronse ao servizo dun novo labor patriótico, republicano e humanitario. En Bos Aires, Rodolfo Prada asumiu o labor de enlace cos galeguistas que gozaban de liberdade de movementos en Francia e residían en París: o seu vello amigo Ramiro Isla Couto (RIC) e Florencio Delgado Gurriarán (FDG), secretario de propaganda do Partido Galeguista (PG8. En marzo de 1939, RIC e FDG recibiron a encomenda desde Bos Aires de constituír unha comisión en París canda a Germán Vidal, ex-alcalde de Noia, militante de Izquierda Republicana (IR) e vicesecretario de Solidariedade Galega Antifascista (SGA). Daquela, RIC e FDG xa tiñan experiencia na xestión de redes de fuxida desde Porto, desde a fronteira francesa e desde a retagarda das liñas inimigas. De feito, malia a inferioridade numérica en militantes e a debilidade política e institucional do PG na España leal, os galeguistas amosaron eficacia na xestión das súas redes de prestixio e influenza mobilizando o apoio das redes de axuda, as capacidades e experiencia adquiridas durante a guerra e os tecidos de relacións persoais e políticas con galegos con cargos de responsabilidade na administración republicana pola súa común orixe galega ou pertenza á SGA PB Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Política Lingüística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades SN 978-84-453-5413-1 YR 2022 FD 2022 LK https://hdl.handle.net/10347/46251 UL https://hdl.handle.net/10347/46251 LA glg NO Pastoriza Rozas, Xosé L. «Salvar o pelello e gañar a vida no exilio : Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939». Luis Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo (Coords.).Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, 2022, pp. 213-231 DS Minerva RD 25 may 2026