Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filosofía e Antropoloxía | |
| dc.contributor.author | Pastoriza Rozas, Xosé Luís | |
| dc.contributor.editor | Alonso Girgado, Luis | |
| dc.contributor.editor | Cochón, Luís | |
| dc.contributor.editor | Requeixo, Armando | |
| dc.date.accessioned | 2026-03-04T13:22:52Z | |
| dc.date.available | 2026-03-04T13:22:52Z | |
| dc.date.issued | 2022 | |
| dc.description.abstract | A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e militares refuxiados en Francia. Tras o fin da Guerra Civil o 1 de abril, moitas das iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas refuxiadas iniciándose unha carreira contra reloxo para lograr sacar de Francia ao maior número posible de galegos ante a ameaza das repatriacións e das deportacións forzosas a España e dunha guerra mundial que se albiscaba no horizonte. Neste proceso de xestión da saída cara ao exilio dos refuxiados galegos mobilizáronse as redes existentes e puxéronse ao servizo dun novo labor patriótico, republicano e humanitario. En Bos Aires, Rodolfo Prada asumiu o labor de enlace cos galeguistas que gozaban de liberdade de movementos en Francia e residían en París: o seu vello amigo Ramiro Isla Couto (RIC) e Florencio Delgado Gurriarán (FDG), secretario de propaganda do Partido Galeguista (PG8. En marzo de 1939, RIC e FDG recibiron a encomenda desde Bos Aires de constituír unha comisión en París canda a Germán Vidal, ex-alcalde de Noia, militante de Izquierda Republicana (IR) e vicesecretario de Solidariedade Galega Antifascista (SGA). Daquela, RIC e FDG xa tiñan experiencia na xestión de redes de fuxida desde Porto, desde a fronteira francesa e desde a retagarda das liñas inimigas. De feito, malia a inferioridade numérica en militantes e a debilidade política e institucional do PG na España leal, os galeguistas amosaron eficacia na xestión das súas redes de prestixio e influenza mobilizando o apoio das redes de axuda, as capacidades e experiencia adquiridas durante a guerra e os tecidos de relacións persoais e políticas con galegos con cargos de responsabilidade na administración republicana pola súa común orixe galega ou pertenza á SGA | |
| dc.identifier.citation | Pastoriza Rozas, Xosé L. «Salvar o pelello e gañar a vida no exilio : Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939». Luis Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo (Coords.).Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, 2022, pp. 213-231 | |
| dc.identifier.isbn | 978-84-453-5413-1 | |
| dc.identifier.other | D.L. C. 631-2022 | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/46251 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.publisher | Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Política Lingüística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades | |
| dc.relation.publisherversion | http://www.cirp.gal/pub/docs/crp/cirp_2022_crp45.pdf | |
| dc.rights | © 2022 Dos textos: As autoras e os autores. Este traballo está baixo unha licenza CC-BY-NC-ND | |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ | |
| dc.subject | Florencio Delgado Gurriarán | |
| dc.subject | Ramiro Illa Couto | |
| dc.subject | Exilio | |
| dc.subject | Guerra Civil | |
| dc.subject | Galeguismo | |
| dc.subject | Sociedades Hispanas Confederadas | |
| dc.subject | Rodolfo Prada | |
| dc.subject.classification | 550302 Historia regional | |
| dc.subject.classification | 550402 Historia contemporánea | |
| dc.title | Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939 | |
| dc.type | book part | |
| dc.type.hasVersion | VoR | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 101a0aae-b876-4cee-b4b4-60239d49a14b | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 101a0aae-b876-4cee-b4b4-60239d49a14b |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2022_estudos_pastoriza_salvar.pdf
- Size:
- 26.38 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format