As enfermidades periodontais

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-549-2

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. Está por tanto dirixida aos alumnos que xa cursaron materias biolóxicas básicas de interese como a anatomía, bioquímica, citoloxía e histoloxía, que facilitan a aprendizaxe dos conceptos de relevancia da materia resumidos no programa desta. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos [bloque A] e a forma en que estes se relacionan co ser humano [bloque B]− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia a carie dental e a periodontite. Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral; entre elas destacan pola súa elevada prevalencia as enfermidades periodontais. De feito, no seu informe técnico 690 de 1983, a OMS destaca que «as enfermidades periodontais figuran entre as máis comúns do xénero humano» e que «non hai no mundo país nin territorio que estea libre delas». Doutra banda, os fundamentos microbiolóxicos da enfermidade periodontal son cruciais para o posterior desenvolvemento de moitas das técnicas terapéuticas que se estudarán ao longo do grao, dentro das materias de Periodoncia e Patoloxía e Terapéutica Dental.

Description

Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e Inmunoloxía

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2010. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)