RT Book,_Whole T1 As enfermidades periodontais A1 Muñoz Crego, Ángeles A1 Santos Rodríguez, Ysabel A1 Seoane Prado, Rafael K1 Periodonto K1 Enxiva K1 Encía K1 Periodontite crónica K1 Periodontitis crónica K1 Xenxivite marxinal crónica K1 Gingivitis marginal crónica K1 Xenxivite ulceronecrosante aguda (XUNA) K1 Gingivitis ulceronecrotizante aguda (GUNA) K1 Grupos de Socransky K1 Adhesinas K1 Periimplantite K1 Periimplantitis K1 Microbioloxía e Inmunoloxía K1 Grao en Odontoloxía AB A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. Está por tanto dirixida aos alumnos que xa cursaron materias biolóxicas básicas de interese como a anatomía, bioquímica, citoloxía e histoloxía, que facilitan a aprendizaxe dos conceptos de relevancia da materia resumidos no programa desta.A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos [bloque A] e a forma en que estes se relacionan co ser humano [bloque B]− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia a carie dental e a periodontite.Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral; entre elas destacan pola súaelevada prevalencia as enfermidades periodontais. De feito, no seu informe técnico 690 de 1983, a OMS destaca que «as enfermidades periodontais figuran entre as máis comúns do xénero humano» e que «non hai no mundo país nin territorio que estea libre delas».Doutra banda, os fundamentos microbiolóxicos da enfermidade periodontal son cruciais para o posterior desenvolvemento de moitas das técnicas terapéuticas que se estudarán ao longo do grao, dentro das materias de Periodoncia e Patoloxía e Terapéutica Dental. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-549-2 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/10212 UL http://hdl.handle.net/10347/10212 LA glg NO Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e Inmunoloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026