A carie dental
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos e a forma en que estes se relacionan co ser humano− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia as enfermidades derivadas da placa bacteriana como son a carie dental e a periodontite. Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral, xa que os seus efectos en termos de dor, sufrimento, deterioración funcional e diminución da calidade de vida son considerables e custosos. O tratamento representa entre o 5% e o 10% do gasto sanitario dos países industrializados, e está por encima dos recursos de moitos países en desenvolvemento. Entre elas destaca pola súa elevada prevalencia a carie dental. De feito, as conclusións do informe mundial sobre saúde bucodental do ano 2004, a OMS declarou que se estima que cinco mil millóns de persoas no planeta sufriron carie dental. Neste mesmo informe se pode ler “Existe a idea de que a carie dental deixou de ser un problema nos países desenvolvidos, cando en realidade afecta a entre o 60% e o 90% da poboación escolar e á gran maioría dos adultos. A carie dental é tamén a enfermidade bucodental máis frecuente en varios países asiáticos e latinoamericanos”.
Description
Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e Inmunoloxía
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








