RT Book,_Whole T1 A carie dental A1 Seoane Prado, Rafael A1 Muñoz Crego, Ángeles A1 Santos Rodríguez, Ysabel K1 Acidoxénese K1 Acidogénesis K1 Acidofilia K1 Aciduria K1 Polisacáridos extra e intracelulares K1 Streptococcus mutans K1 Lactobacillus K1 Desmineralización ácida K1 Esmalte K1 Dentina K1 Espazo intercristalino K1 Espacio intercristalino K1 Polpa dentaria K1 Pulpa dentaria K1 Microbioloxía e Inmunoloxía K1 Grao en Odontoloxía AB A materia de Microbioloxía e Inmunoloxía dáse no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en Odontoloxía, dentro do Módulo I, Ciencias Biomédicas Básicas Relevantes na Odontoloxía, que pretende fornecer os coñecementos biomédicos básicos para unha correcta asistencia bucodental. A presente unidade didáctica forma parte do bloque C dos contidos da materia no que −logo de estudar as características xerais dos microorganismos e a forma en que estes se relacionan co ser humano− se estudan as principais enfermidades infecciosas de interese para o odontólogo. Entre elas destacan pola súa ampla prevalencia as enfermidades derivadas da placa bacteriana como son a carie dental e a periodontite. Entre as competencias do grao en Odontoloxía destaca a capacidade para realizar intervencións diagnósticas e terapéuticas que favorezan a mellora da saúde bucodental da poboación. É importante que coñezan as principais enfermidades que afectan a cavidade oral, xa que os seus efectos en termos de dor, sufrimento, deterioración funcional e diminución da calidade de vida son considerables e custosos. O tratamento representa entre o 5% e o 10% do gasto sanitario dos países industrializados, e está por encima dos recursos de moitos países en desenvolvemento. Entre elas destaca pola súa elevada prevalencia a carie dental. De feito, as conclusións do informe mundial sobre saúde bucodental do ano 2004, a OMS declarou que se estima que cinco mil millóns de persoas no planeta sufriron carie dental. Neste mesmo informe se pode ler “Existe a idea de que a carie dental deixou de ser un problema nos países desenvolvidos, cando en realidade afecta a entre o 60% e o 90% da poboación escolar e á gran maioría dos adultos. A carie dental é tamén a enfermidade bucodental máis frecuente en varios países asiáticos e latinoamericanos”. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-509-6 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10496 UL http://hdl.handle.net/10347/10496 LA glg NO Titulación: Grao en Odontoloxía -- Materia: Microbioloxía e Inmunoloxía NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 26 abr 2026