Disolucións
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrios en disolución que constitúen a base doutras metodoloxías de análise posteriores. A nivel xeral, é importante comprender o concepto de disolución xa que estamos cotianmente en contacto con disolucións: o leite, o vinagre, o aire, a auga do mar, etc; ter un modelo que nolas explique, permitiranos comprender o noso contorno, e predicir o seus comportamentos. Por outra banda, a nivel de titulación, debemos ter en conta que practicamente tódolos procesos biolóxicos teñen lugar en medio acuoso, polo que o estudo deste ítem será necesario para ter uns coñecementos básicos que lle permitirán unha maior compresión e asimilación doutras materias que forman parte do seu plan de estudos: Bioquímica, Bromatoloxía, Bioloxía, etc. Nesta unidade estudaranse as disolucións desde o punto de vista dun sistema material, facendo fincapé, para a súa identificación, en que son unha mestura homoxénea, cunhas propiedades particulares, e que se caracterizarán pola súa concentración. Ao formularse a interpretación das disolucións debemos centrarnos en explicar por que se producen e como se poden interpretar, buscando modelos e teorías que nos permitan ir máis alá do coñecemento de fenómenos perceptibles do proceso e nos xustifiquen o seu comportamento, polo que teremos que ter en conta cos sistemas materiais están constituídos por partículas, e que se producen interaccións entre estas partículas. Farase especial fincapé a como expresar a concentración das disolucións pois a experiencia indica que aínda que e un concepto traballado previamente, os alumnos chegan sen saber aplicalo correctamente, o que repercute na compresión e desenvolvemento posterior da materia.
Description
Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Química II
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








