RT Book,_Whole T1 Disolucións A1 Peña Crecente, Rosa María A1 Barciela García, Julia K1 Naturaleza molecular da disolución K1 Unidades de concentración K1 Principios da solubilidade K1 Solubilidade molar K1 Solubilidad molar K1 Lei de Henry K1 Ley de Henry K1 Propiedades coligativas das disolucións K1 Disolvente puro K1 Química II K1 Grao en Nutrición Humana e Dietética AB A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrios en disolución que constitúen a base doutras metodoloxías de análise posteriores. A nivel xeral, é importante comprender o concepto de disolución xa que estamos cotianmente en contacto con disolucións: o leite, o vinagre, o aire, a auga do mar, etc; ter un modelo que nolas explique, permitiranos comprender o noso contorno, e predicir o seus comportamentos. Por outra banda, a nivel de titulación, debemos ter en conta que practicamente tódolos procesos biolóxicos teñen lugar en medio acuoso, polo que o estudo deste ítem será necesario para ter uns coñecementos básicos que lle permitirán unha maior compresión e asimilación doutras materias que forman parte do seu plan de estudos: Bioquímica, Bromatoloxía, Bioloxía, etc. Nesta unidade estudaranse as disolucións desde o punto de vista dun sistema material, facendo fincapé, para a súa identificación, en que son unha mestura homoxénea, cunhas propiedades particulares, e que se caracterizarán pola súa concentración. Ao formularse a interpretación das disolucións debemos centrarnos en explicar por que se producen e como se poden interpretar, buscando modelos e teorías que nos permitan ir máis alá do coñecemento de fenómenos perceptibles do proceso e nos xustifiquen o seu comportamento, polo que teremos que ter en conta cos sistemas materiais están constituídos por partículas, e que se producen interaccións entre estas partículas. Farase especial fincapé a como expresar a concentración das disolucións pois a experiencia indica que aínda que e un concepto traballado previamente, os alumnos chegan sen saber aplicalo correctamente, o que repercute na compresión e desenvolvemento posterior da materia. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-49-6 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10184 UL http://hdl.handle.net/10347/10184 LA glg NO Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Química II NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 4 jun 2026