A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: un achegamento paradigmático

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISSN: 2341-1198
ISBN: 9788419679970

Publication date

Advisors

Tutors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Este traballo ten o duplo obxectivo de contribuír ao coñecemento da expresión da incerteza en textos argumentativos e de afondar no coñecemento do sistema modal epistémico da lingua galega. Con este fin, analizáronse, nos textos argumentativos que constitúen CORTEGAL, as formas lingüísticas que codifican incerteza seguindo o achegamento paradigmático proposto por Nuyts (2001), aplicado polo autor ás linguas xermánicas occidentais e aínda non reproducido noutras linguas. Este achegamento parte da idea de que os variados recursos formais con que conta a lingua para expresar a modalidade epistémica están organizados consonte a factores funcionais. En galego, a incerteza pode expresarse mediante, polo menos, verbos auxiliares (por exemplo, poder), predicados adxectivos (por exemplo, é posible), verbos léxicos (por exemplo, crer) e adverbios (por exemplo, quizais) (vid. Míguez 2021a). Para dar conta desta variación, consideráronse os factores propostos por Nuyts (2001): a (inter)subxectividade, isto é, o carácter individual ou compartido da responsabilidade sobre o xuízo epistémico; a dispoñibilidade de usos descritivos ou (in)capacidade dos recursos lingüísticos para dar conta dos xuízos expresados por individuos distintos do enunciador; o carácter focal ou non focal da expresión da incerteza; e a estratexia discursiva ou posibilidade de empregar a expresión epistémica para obter certos efectos especiais, como alterar a forza ilocutiva do enunciado ou xestionar a interacción. Xunto a estes factores, tivéronse en conta trazos sintácticos e da estrutura informativa que puidesen influír no uso das expresións epistémicas, como a súa realización en estruturas de complementación ou parentéticas, o seu carácter (non-)temático, a combinación coa negación ou a capacidade de tomar modificadores da expresión epistémica. Preténdese así explicar a variación formal no ámbito da modalidade epistémica en termos de relacións paradigmáticas e contribuír a revelar os factores que guían a escolla entre variantes alternativas para a expresión da incerteza en textos argumentativos escritos no ámbito académico.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Míguez, V. (2023). A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: Un achegamento paradigmático. In M. Álvarez de la Granja & V. Míguez (Eds.), Perspectivas sobre a escrita académica en galego. Estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes (pp. 323–350). Universidade de Santiago de Compostela.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

A publicación deste libro foi posible grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España mediante subvención ao Instituto da Lingua Galega. A elaboración do corpus CORTEGAL en que se basean os traballos foi posible grazas ao apoio financeiro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través de convenios de colaboración co Instituto da Lingua Galega e grazas ao financiamento do proxecto PGC2018-096069-B-I00 por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación e Universidades do Goberno de España.

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2023