RT Book,_Section T1 A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: un achegamento paradigmático A1 Míguez, Vítor A2 Álvarez de la Granja, María AB Este traballo ten o duplo obxectivo de contribuír ao coñecemento da expresión da incerteza en textos argumentativos e de afondar no coñecemento do sistema modal epistémico da lingua galega. Con este fin, analizáronse, nos textos argumentativos que constitúen CORTEGAL, as formas lingüísticas que codifican incerteza seguindo o achegamento paradigmático proposto por Nuyts (2001), aplicado polo autor ás linguas xermánicas occidentais e aínda non reproducido noutras linguas. Este achegamento parte da idea de que os variados recursos formais con que conta a lingua para expresar a modalidade epistémica están organizados consonte a factores funcionais. En galego, a incerteza pode expresarse mediante, polo menos, verbos auxiliares (por exemplo, poder), predicados adxectivos (por exemplo, é posible), verbos léxicos (por exemplo, crer) e adverbios (por exemplo, quizais) (vid. Míguez 2021a). Para dar conta desta variación, consideráronse os factores propostos por Nuyts (2001): a (inter)subxectividade, isto é, o carácter individual ou compartido da responsabilidade sobre o xuízo epistémico; a dispoñibilidade de usos descritivos ou (in)capacidade dos recursos lingüísticos para dar conta dos xuízos expresados por individuos distintos do enunciador; o carácter focal ou non focal da expresión da incerteza; e a estratexia discursiva ou posibilidade de empregar a expresión epistémica para obter certos efectos especiais, como alterar a forza ilocutiva do enunciado ou xestionar a interacción. Xunto a estes factores, tivéronse en conta trazos sintácticos e da estrutura informativa que puidesen influír no uso das expresións epistémicas, como a súa realización en estruturas de complementación ou parentéticas, o seu carácter (non-)temático, a combinación coa negación ou a capacidade de tomar modificadores da expresión epistémica. Preténdese así explicar a variación formal no ámbito da modalidade epistémica en termos de relacións paradigmáticas e contribuír a revelar os factores que guían a escolla entre variantes alternativas para a expresión da incerteza en textos argumentativos escritos no ámbito académico. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 9788419679970 SN 2341-1198 YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/32414 UL http://hdl.handle.net/10347/32414 LA glg NO Míguez, V. (2023). A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: Un achegamento paradigmático. In M. Álvarez de la Granja & V. Míguez (Eds.), Perspectivas sobre a escrita académica en galego. Estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes (pp. 323–350). Universidade de Santiago de Compostela. NO A publicación deste libro foi posible grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e Deportedo Goberno de España mediante subvención ao Instituto da Lingua Galega. A elaboración do corpus CORTEGAL en que se basean os traballos foi posible grazas ao apoio financeiro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través de convenios de colaboración co Instituto da Lingua Galega e grazas ao financiamento do proxecto PGC2018-096069-B-I00 por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación e Universidades do Goberno de España. DS Minerva RD 29 abr 2026