A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: un achegamento paradigmático

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galegaes_ES
dc.contributor.authorMíguez, Vítor
dc.contributor.editorÁlvarez de la Granja, María
dc.date.accessioned2024-02-06T11:38:03Z
dc.date.issued2023
dc.description.abstractEste traballo ten o duplo obxectivo de contribuír ao coñecemento da expresión da incerteza en textos argumentativos e de afondar no coñecemento do sistema modal epistémico da lingua galega. Con este fin, analizáronse, nos textos argumentativos que constitúen CORTEGAL, as formas lingüísticas que codifican incerteza seguindo o achegamento paradigmático proposto por Nuyts (2001), aplicado polo autor ás linguas xermánicas occidentais e aínda non reproducido noutras linguas. Este achegamento parte da idea de que os variados recursos formais con que conta a lingua para expresar a modalidade epistémica están organizados consonte a factores funcionais. En galego, a incerteza pode expresarse mediante, polo menos, verbos auxiliares (por exemplo, poder), predicados adxectivos (por exemplo, é posible), verbos léxicos (por exemplo, crer) e adverbios (por exemplo, quizais) (vid. Míguez 2021a). Para dar conta desta variación, consideráronse os factores propostos por Nuyts (2001): a (inter)subxectividade, isto é, o carácter individual ou compartido da responsabilidade sobre o xuízo epistémico; a dispoñibilidade de usos descritivos ou (in)capacidade dos recursos lingüísticos para dar conta dos xuízos expresados por individuos distintos do enunciador; o carácter focal ou non focal da expresión da incerteza; e a estratexia discursiva ou posibilidade de empregar a expresión epistémica para obter certos efectos especiais, como alterar a forza ilocutiva do enunciado ou xestionar a interacción. Xunto a estes factores, tivéronse en conta trazos sintácticos e da estrutura informativa que puidesen influír no uso das expresións epistémicas, como a súa realización en estruturas de complementación ou parentéticas, o seu carácter (non-)temático, a combinación coa negación ou a capacidade de tomar modificadores da expresión epistémica. Preténdese así explicar a variación formal no ámbito da modalidade epistémica en termos de relacións paradigmáticas e contribuír a revelar os factores que guían a escolla entre variantes alternativas para a expresión da incerteza en textos argumentativos escritos no ámbito académico.es_ES
dc.description.embargo2024-06-30
dc.description.sponsorshipA publicación deste libro foi posible grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España mediante subvención ao Instituto da Lingua Galega. A elaboración do corpus CORTEGAL en que se basean os traballos foi posible grazas ao apoio financeiro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través de convenios de colaboración co Instituto da Lingua Galega e grazas ao financiamento do proxecto PGC2018-096069-B-I00 por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación e Universidades do Goberno de España.es_ES
dc.identifier.citationMíguez, V. (2023). A expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: Un achegamento paradigmático. In M. Álvarez de la Granja & V. Míguez (Eds.), Perspectivas sobre a escrita académica en galego. Estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes (pp. 323–350). Universidade de Santiago de Compostela.es_ES
dc.identifier.doi10.15304/9788419679970
dc.identifier.isbn9788419679970
dc.identifier.issn2341-1198
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/32414
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostelaes_ES
dc.relation.projectIDinfo:eu-repo/grantAgreement/AEI/Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020/PGC2018-096069-B-I00/ES/CORPUS DE TEXTOS GALLEGOS ESCRITOS POR ESTUDIANTES EN EL AMBITO ACADEMICO. HERRAMIENTA PARA EL ANALISIS DE LA COMPETENCIA ESCRITA EN LENGUA GALLEGA/es_ES
dc.relation.publisherversionhttps://dx.doi.org/10.15304/9788419679970es_ES
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2023es_ES
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.subject.classification57 Lingüísticaes_ES
dc.titleA expresión da incerteza nos textos de CORTEGAL: un achegamento paradigmáticoes_ES
dc.typebook partes_ES
dc.type.hasVersionVoRes_ES
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication57a03e10-d9a2-4a43-b76a-459649b0ceaf
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery57a03e10-d9a2-4a43-b76a-459649b0ceaf
relation.isEditorOfPublication4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6
relation.isEditorOfPublication.latestForDiscovery4a47a1ad-ba0a-4b38-b88d-4968f82efcf6

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
VA_84A[autor]323-350.pdf
Size:
585.25 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: