RT Book,_Whole T1 Introdución á estratexia A1 Vila Vázquez, Guadalupe A1 Vázquez Rodríguez, Paula AB Tódalas organizacións enfróntanse ó desafío que supón o establecer unhaorientación estratéxica. Debido á dura competencia entre as empresas e aincerteza e turbulencia da contorna actual, cada vez faise máis necesariopara os empresarios e altos directivos dedicaren un maior esforzo ádeterminación da estratexia empresarial. Este maior esforzo diríxese tanto áanálise do posicionamento estratéxico como á elección e implantación daestratexia na empresa. E ten a finalidade de obter unha vantaxe competitivasostible sobre a competencia, que lle permita acadar un resultado superior ódo resto dos competidores.A materia Estratexia Empresarial, correspondente ó 4º curso dograo en Administración e Dirección de Empresas, recolle os contidosrelativos a estratexia no marco empresarial. O seu obxectivo e dotar oalumnado dun marco para a análise da estratexia empresarial, sendo osseus elementos básicos: a) coñecer o posicionamento estratéxico daempresa, en termos da súa posición con respecto a contorna xeral esectorial e da súa capacidade estratéxica, b) a toma de elecciónsestratéxicas, e c) a posta en práctica da estratexia. Cada un desteselementos representa unha unidade didáctica no programa da propiamateria.A unidade didáctica I. Introdución á Estratexia pretende actuar comotema introdutorio para o resto das unidades didácticas da materia erefrescar diversos conceptos que o alumnado adquiriu en materiasanteriores da titulación, en concreto na materia Fundamentos de Direcciónde Empresas do 1º curso do grao en Administración e Dirección deEmpresas. Así mesmo, buscarase que o alumnado sexa capaz de identificardiversos feitos acontecidos na realidade empresarial, os que fan referenciaós xornais, á televisión e outros medios de comunicación, como integrantesda estratexia empresarial. Esta unidade didáctica está deseñada para serdesenvolvida en 6 horas e media, distribuídas en 2 horas e media de teoríae 4 de práctica. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-993-3 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34029 UL http://hdl.handle.net/10347/34029 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026