O castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño : exposición

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A exposición permanente “O Castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño” naceu co obxectivo a dotar de contidos o centro de interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda (Pontevedra), un espazo fortificado, localizado no extremo oeste da fronteira luso galaica, que foi recentemente rehabilitado e posto en valor, o que implicou a súa recuperación para as veciñas e veciños guardeses e todos aqueles visitantes que se queiran achegar ao mesmo. Esta exposición foi unha iniciativa do Concello da Guarda, promovido polo mesmo concello, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e na súa elaboración participou un equipo interdisciplinar de profesionais expertos en diferentes campos patrimoniais e pertencentes a distintas institucións. Localízase na parte alta do centro de interpretación e componse de sete torres retroiluminadas que dan soporte a catorce paneis centrados, fundamentalmente, na fortificación da fronteira miñota durante época moderna e na contextualización histórica da vila da Guarda. Articúlase en tres bloques temáticos situados na planta alta do edificio. O panel I contén a presentación do exposición. O Bloque I, composto polos paneis de cor azul, céntrase na contextualización histórica e xeográfica da temática da exposición, facendo un percorrido polo fenómeno da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668), pola tipoloxía das fortificacións que se constrúen en época moderna na fronteira miñota, polo exército moderno e polo espazo xeográfico. O Bloque II, integrado polos paneis de cor berenxena, céntrase na vila da Guarda e a súa defensa. Neles cóntase unha historia breve da vila, a evolucións das fortificacións dende a Idade do ferro ata a época moderna, a historia e construción do propio Castelo de Santa Cruz e a súa integración no conxunto defensivo xerado en ambas as dúas marxes do río Miño durante a Guerra da Restauração. O Bloque III, integrado polos paneis verdes, fai un percorrido pola paisaxe defensiva de época moderna na fronteira miñota. Os paneis analizan a articulación das fortificacións en conxunto defensivo ao longo da raia, trátanse de maneira pormenorizada algúns destes conxuntos e péchase cunha análise de toda a paisaxe

Description

Apertura ó público do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz venres, 8 de xullo de 2016

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Promotores da exposición: Concello da Guarda; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia; Deputación de Pontevedra

Rights

Collections