O castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño : exposición

dc.contributor.affiliationSíncrisis. Investigación en Formas Culturaisgl
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia
dc.contributor.authorBlanco Rotea, Rebeca
dc.contributor.authorRodríguez Paz, Anxo
dc.contributor.authorGonzález Pérez, Leonardo
dc.contributor.authorÁlvarez Martínez, Valentín
dc.contributor.authorBlanco Llinares, Eduardo
dc.date.accessioned2016-09-28T08:28:43Z
dc.date.available2016-09-28T08:28:43Z
dc.date.issued2016-09-28
dc.descriptionApertura ó público do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz venres, 8 de xullo de 2016gl
dc.description.abstractA exposición permanente “O Castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño” naceu co obxectivo a dotar de contidos o centro de interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda (Pontevedra), un espazo fortificado, localizado no extremo oeste da fronteira luso galaica, que foi recentemente rehabilitado e posto en valor, o que implicou a súa recuperación para as veciñas e veciños guardeses e todos aqueles visitantes que se queiran achegar ao mesmo. Esta exposición foi unha iniciativa do Concello da Guarda, promovido polo mesmo concello, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e na súa elaboración participou un equipo interdisciplinar de profesionais expertos en diferentes campos patrimoniais e pertencentes a distintas institucións. Localízase na parte alta do centro de interpretación e componse de sete torres retroiluminadas que dan soporte a catorce paneis centrados, fundamentalmente, na fortificación da fronteira miñota durante época moderna e na contextualización histórica da vila da Guarda. Articúlase en tres bloques temáticos situados na planta alta do edificio. O panel I contén a presentación do exposición. O Bloque I, composto polos paneis de cor azul, céntrase na contextualización histórica e xeográfica da temática da exposición, facendo un percorrido polo fenómeno da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668), pola tipoloxía das fortificacións que se constrúen en época moderna na fronteira miñota, polo exército moderno e polo espazo xeográfico. O Bloque II, integrado polos paneis de cor berenxena, céntrase na vila da Guarda e a súa defensa. Neles cóntase unha historia breve da vila, a evolucións das fortificacións dende a Idade do ferro ata a época moderna, a historia e construción do propio Castelo de Santa Cruz e a súa integración no conxunto defensivo xerado en ambas as dúas marxes do río Miño durante a Guerra da Restauração. O Bloque III, integrado polos paneis verdes, fai un percorrido pola paisaxe defensiva de época moderna na fronteira miñota. Os paneis analizan a articulación das fortificacións en conxunto defensivo ao longo da raia, trátanse de maneira pormenorizada algúns destes conxuntos e péchase cunha análise de toda a paisaxegl
dc.description.sponsorshipPromotores da exposición: Concello da Guarda; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia; Deputación de Pontevedragl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14903
dc.language.isoglggl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.subjectCastelo de Santa Cruz (A Guarda, Galicia)gl
dc.subjectCentro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda (Pontevedra)gl
dc.subjectA Guarda (Galicia)gl
dc.subjectFronteira miñotagl
dc.subjectGuerra da Restauração Portuguesa (1640-1668)gl
dc.subjectArquitectura militargl
dc.titleO castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño : exposicióngl
dc.typeothergl
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublicatione3145aef-b9a1-4979-b623-c57e0610aca2
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscoverye3145aef-b9a1-4979-b623-c57e0610aca2

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
ExposicionCasteloStaCruz.pdf
Size:
37.06 MB
Format:
Adobe Portable Document Format

Collections