RT Generic T1 O castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño : exposición A1 Blanco Rotea, Rebeca A1 Rodríguez Paz, Anxo A1 González Pérez, Leonardo A1 Álvarez Martínez, Valentín A1 Blanco Llinares, Eduardo K1 Castelo de Santa Cruz (A Guarda, Galicia) K1 Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda (Pontevedra) K1 A Guarda (Galicia) K1 Fronteira miñota K1 Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668) K1 Arquitectura militar AB A exposición permanente “O Castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño” naceu co obxectivo a dotar de contidos o centro de interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda(Pontevedra), un espazo fortificado, localizado no extremo oeste da fronteira luso galaica, que foi recentemente rehabilitado e posto en valor, o que implicou a súa recuperación para as veciñas e veciños guardeses e todos aqueles visitantes que se queiran achegar ao mesmo.Esta exposición foi unha iniciativa do Concello da Guarda, promovido polo mesmo concello, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputaciónde Pontevedra, e na súa elaboración participou un equipo interdisciplinar de profesionais expertos en diferentes campos patrimoniais e pertencentes a distintas institucións.Localízase na parte alta do centro de interpretación e componse de sete torres retroiluminadas que dan soporte a catorce paneis centrados, fundamentalmente, na fortificación da fronteira miñota durante época moderna e na contextualización histórica da vila da Guarda. Articúlase entres bloques temáticos situados na planta alta do edificio.O panel I contén a presentación do exposición.O Bloque I, composto polos paneis de cor azul, céntrase na contextualización histórica e xeográfica da temática da exposición, facendo un percorrido polo fenómeno da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668), pola tipoloxía das fortificacións que se constrúen en épocamoderna na fronteira miñota, polo exército moderno e polo espazo xeográfico.O Bloque II, integrado polos paneis de cor berenxena, céntrase na vila da Guarda e a súa defensa. Neles cóntase unha historia breve da vila, a evolucións das fortificacións dende a Idadedo ferro ata a época moderna, a historia e construción do propio Castelo de Santa Cruz e a súa integración no conxunto defensivo xerado en ambas as dúas marxes do río Miño durante a Guerra da Restauração.O Bloque III, integrado polos paneis verdes, fai un percorrido pola paisaxe defensiva de época moderna na fronteira miñota. Os paneis analizan a articulación das fortificacións en conxunto defensivo ao longo da raia, trátanse de maneira pormenorizada algúns destes conxuntos e péchase cunha análise de toda a paisaxe YR 2016 FD 2016-09-28 LK http://hdl.handle.net/10347/14903 UL http://hdl.handle.net/10347/14903 LA glg NO Apertura ó público do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz venres, 8 de xullo de 2016 NO Promotores da exposición: Concello da Guarda; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia; Deputación de Pontevedra DS Minerva RD 4 may 2026